FINANCIAMENTO DA I+D+i EMPRESARIAL
Xornada axudas e actuacións de CDTI e GAIN
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) están a organizar para o vindeiro 30 de maio unha xornada na que se presentarán as novidades nas axudas e actuacións de CDTI e GAIN para o 2018.
A xornada, que terá lugar entre as 11:30 e as 13:30 horas, contará coa presenza do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, o director xeral de CDTI, Francisco Marín, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey.
A xornada celebrarase no Auditorio Xosé Neira Vilas do Edificio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.
AGILE NAS ORGANIZACIÓNS
Xornada sobre transformación Agile de organizacións.
Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) dá Consellería de Economía, Emprego e Industria, o próximo día 15 de xuño de 2018, de 10:00 a 13:00 horas, terá lugar nas instalacións do CNTG unha xornada sobre transformación Agile de organizacións.
A xornada ten por obxectivo presentar a Transformación Agile como unha estratexia que inclúe a adopción de prácticas Agile e unha progresiva transformación cultural da organización para facer fronte ás necesidades actuais dos clientes e/ou usuarios/as.
Esta xornada está orientada a profesionais que xa coñecen e/ou están a aplicar Agile/Scrum nas súas áreas/organizacións/equipos. Achega conceptos sobre en que consiste a transformación Agile dunha organización e que debe terse en conta para minimizar os riscos da devandita transformación. A súa intención é proporcionar o criterio para a toma de decisións sobre iniciativas encamiñadas a unha transformación Agile dunha organización, así como a avaliación do que representa a nivel de beneficios, riscos e do nivel de compromiso necesario para que proporcione valor.
OPORTUNIDADES EN BLOCKCHAIN
Blockchain. Oportunidades para a empresa galega
Aínda que é certo que a tecnoloxía blockchain aínda se atopa nunha fase temperá de desenvolvemento, os expertos a rman que o seu potencial permitirá introducir grandes cambios no modo de intercambiar valor a través das canles dixitais. Así, esta tecnoloxía introducirá unha nova forma de intercambio entre negocios, institucións e particulares.
Da man da automatización vén ademais aparellado o concepto de xustiza e transparencia. Así, os smart contracts ou contratos intelixentes aumentarán a velocidade da execución das transaccións, o que se traducirá na posibilidade de pechar un maior volume de acordos con menor risco de incumprimento.
COACHING TOUR ICC 2018
Cómo vivir plenamente a segunda parte da vida?
Santiago, 30 de maio de 2018
Edificio Cersia - Rúa do Alcalde Raimundo López - Santiago
De 18:15 a 19:45 horas
ESTADOS UNIDOS: COMO FACER NEGOCIO E A SÚA FISCALIDADE
Xornada Técnica. Estados Unidos: cómo facer negocio e a súa fiscalidade
A Xunta de Galicia, a través do IGAPE e dentro do programa Interreg España - Portugal, ECICII+1E, convoca o seminario "ESTADOS UNIDOS: cómo facer negocio e a súa fiscalidade", dirixido a empresas da Eurorregión Galicia - Norte de Portugal.
Data: 04 de xuño de 2018
Horarios:
de 9:15 a 14:00 h. Salón de actos. Edificio SERGAS, San Lázaro.
de 16:00 a 19:00 h. Salón de cursos. Edificio IGAPE. San Lázaro.
En horario de tarde abordaránse os requisitos para a exportacion de producto agroalimentario, FDA.
MERGÚLLATE NA ECONOMÍA SOCIAL
Xornada de formación "Mergúllate na economía social" para técnicos e orientadores de emprego
OBXECTIVOS:
Promover a economía social, os seus valores e as súas principais características entre axentes intermedios que favorecen o impulso de proxectos empresariais, así como divulgar os recursos e as ferramentas de apoio existentes.
A xornada está dirixida á rede de técnicos de emprego e os orientadores laborais, para que coñezan en primeira persoa as peculiaridades e potencialidades da Economía Social.
A Secretaría Xeral de Emprego considera imprescindible a asistencia ás devanditas xornadas, co obxectivo de mellorar as capacidades e os coñecementos técnicos dos axentes antes citados en materia de emprendemento e xestión de proxectos de economía social, para lograr, deste xeito, promover e facer chegar modelos empresariais de economía social a toda a comunidade autónoma de Galicia.
23 de maio de 10:00 a 14:00 h. SANTIAGO DE COMPOSTELA, Consellería de Sanidade -Rúa de Ceuta s/n - 15703 Santiago de Compostela