BOLSAS XERENCIAIS EN COOPERATIVAS

Bolsas de Xerencia en Cooperativas do ano 2018

En prazo de inscrición 02/04/2018

No marco do Proxecto CONSOLIDAGAL, incluído no Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social 2014-2020, e dentro do Programa de actuación 2018 da Rede Eusumo, a Unión de Cooperativas Espazocoop pon en marcha o seu Programa de Bolsas de Xerencia en Cooperativas que ten como obxectivo traballar na mellora e consolidación das cooperativas mediante a profesionalización das súas xerencias e o incremento na capacitación das persoas socias traballadoras, así como daquelas outras seleccionadas para a realización do proceso de aprendizaxe e titorización en xerencia cooperativa.

Economía Social Espazocoop

CLAVES NO SECTOR ALIMENTARIO

Claves para o sector: seguridade alimentaria, seguridade laboral e nutrición

En prazo de inscrición 02/04/2018

Seguridade laboral, seguridade alimentaria e nutrición son tres aspectos crave para afrontar os retos no sector da alimentación.

Por este motivo, a Asociación Provincial de Empresarios Fabricantes de Pan da Coruña, en colaboración coa CEC, organiza unha xornada na que se abordarán estes tres aspectos como ferramentas fundamentais para incrementar a competitividade das empresas do sector, mellorando a súa eficiencia, favorecendo a creación de valor e o desenvolvemento de mercados.

CEG

COCIÑANDO PROCESOS

Cociñando procesos

En prazo de inscrición 02/04/2018

Información práctica:

Data: 19 de abril de 2018
Lugar: Praza de Abastos - Aula de Formación e Cociña (xunto á consigna do Mercado de Abastos en Rúa Ameás S/N - Santiago de Compostela), utilizar a entrada da Igrexa de San Fiz.
Horario: de 9.00 h a 16.30 h
Teléfono de información: 981 536 434

Email de información: noroeste@apd.es

APD

EMPREGABILIDADE

Programa PICE de empregabilidade para menores de trinta anos

En prazo de inscrición 02/04/2018

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela abre o prazo de inscrición para a formación troncal e específica do plan de capacitación do Programa Integral de Cualificación y Empleo (PICE), unha iniciativa integrada no Plan Nacional de Implantación de la Garantía Juvenil do Ministerio de Empleo y Seguridad Social que conta con financiamento do Fondo Social Europeo.
O programa gratuíto PICE está composto por un conxunto de accións de orientación, formación e achegamento ás empresas que persegue a empregabilidade de mozos e mozas de 16 a 29 anos. Está deseñado a medida do perfil, intereses e grao de cualificación e capacitación dos máis novos e responde á demanda actual das empresas.

Dentro do plan de capacitación do PICE, destinado a ofrecer accións directas de formación, adaptadas ás capacidades e necesidades e ás demandas empresariais para favorecer as posibilidades de inserción laboral de cada participante, celebrarase un curso de formación troncal e tres de formación específica, todos gratuítos e con prazas limitadas, para o que será necesario realizar unha inscrición previa nas oficinas centrais da Cámara de Comercio de Santiago (rúa San Pedro de Mezonzo 44, baixo).

Cámara

INVESTIMENTOS NAS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS

Axudas do programa de desenvolvemento rural (PDR)

En prazo de inscrición 23/03/2018

Liñas de axuda incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva:

a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.
Submedida 4.1. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, procedemento MR405A.
b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.
Submedida 6.1. Creación de empresas para os agricultores mozos (procedemento MR404A).
Submedida 6.3. Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B).

Estas axudas teñen como finalidade:
a) Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización.

b) Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.

Compartir: