Experiencias de internacionalización: impacto nas áreas funcionais da empresa

En prazo de inscrición 17/10/2018

A Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e Excelia organizan, en colaboración coa Xunta de Galicia, o encontro Experiencias de internacionalización: impacto nas áreas funcionais da empresa, que se celebrará o martes 23 de outubro a partir das 9.30 horas, no Hotel OCA Puerta del Camino (rúa Miguel Ferro Caaviero s/n), en Santiago de Compostela.

A xornada ten como obxectivo dar a coñecer ás empresas galegas as vantaxes e riscos de apostar por diferentes fórmulas e mercados nos plans de internacionalización. Incluirá relatorios sobre as liñas de apoio neste eido que a Xunta pon a disposición das empresas galegas a través do Igape, e sobre casos de éxito, que presentarán directivos de diferentes compañías.

XUNTA IGAPE

I encontro sobre excelencia tecnolóxica internacional

En prazo de inscrición 15/10/2018

Descubrir os principais desenvolvementos e as tecnoloxías emerxentes dos centros tecnolóxicos galegos e coñecer casos de éxito en materia de innovación de empresas líderes de distintos sectores estratéxicos son dous dos obxectivos do I Encontro sobre Excelencia Tecnolóxica Internacional, que se desenvolverá o mércores 17 de outubro en Santiago de Compostela.

Na xornada, promovida pola Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA) coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través de Gain, os asistentes terán a oportunidade, ademais, de coñecer o modelo finlandés de excelencia innovadora e a perspectiva institucional da Xunta de Galicia.

XUNTA IGAPE

III FORO DA ECONOMÍA SOCIAL DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

En prazo de inscrición 01/10/2018

Por terceiro ano consecutivo, e, como apoio e complemento aos Batidos Sinérxicos coa Economía Social que comezaron o pasado mes de xullo, o CERSIA acollerá en Outubro, tamén o segundo xoves de mes 11 de outubro, o III Foro de Económia Social do Concello de Santiago de Compostela "Compostela, territorio da Economía Social"

Economía Social compostela móvese emprender competitividade eusumo

INFODAY H2010

INFODAY H2020: Información práctica para propostas no sector agroalimentario e medio ambiente

En prazo de inscrición 01/10/2018

As novas convocatorias de Horizonte 2020 (H2020), do programa de traballo 2018-2020, para propostas nos sectores de agroalimentación e medio ambiente abriranse proximamente e estarán dotadas cun orzamento de 2,42 billóns de euros. Empresas, universidades e outros axentes galegos terán que estar preparados para competir pola captación destes fondos e consolidar así os bos resultados obtidos nos catro primeiros anos de H2020 (2014-2017), nos que as entidades galegas obtiveron axudas por un importe superior aos 67 millóns de euros.

A esta necesidade responde o Infoday H2020: Información práctica para propostas no sector agroalimentario e medio ambiente, organizado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) e a Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), que se celebrará o 28/09/2018.

FEUGA

Xornada sobre modelos de xestión na prestación de servizos públicos

En prazo de inscrición 01/10/2018

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela celebrará o vindeiro martes, 2 de outubro, unha xornada sobre “Modelos de xestión na prestación de servizos públicos”. O encontro será inaugurado ás 18:00 horas polo presidente da Cámara de Comercio de Santiago, José Sierra; e o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.

A xornada pretende analizar os diversos modelos que existen para xestionar servizos públicos, máis aínda ante o reaberto debate sobre a recuperación da xestión de prestacións básicas desde o ámbito público.

Cámara

Compartir: