TALLERES DE INICIACIÓN Á EXPORTACIÓN

Talleres de iniciación á exportación: autoanálise do potencial de internacionalización

En prazo de inscrición 24/05/2018

CONTIDO DO TALLER:
- Primeira parte: "Dispóñome a abrir mercado no exterior". Primeiros pasos: riscos e oportunidades a ter en conta, localización de apoios ao proceso de internacionalización, produto/servizo a exportar, selección de mercados, preparación para a participación en feiras internacionais e misións comerciais, etc.
- Segunda parte: "Autoanálisis do potencial exportador da miña empresa". Individual e confidencial.

Estes talleres celébranse no marco do proxecto ECICII Plus -no que participa o Igape- para a nternacionalización das pemes da eurorrexión, financiado polo programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) da Unión Europea e o FEDER.

Datas e Lugar de celebración:

IGAPE

CONTRATACIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR

Axudas á contratación de persoal investigador en empresas e centros de investigación

En prazo de inscrición 21/05/2018

Poderán beneficiarse destas axudas as empresas con centro de traballo en Galicia ou os organismos de investigación públicos ou privados con sede en Galicia. Os contratos, cunha duración mínima dun ano, están dirixidos a mozos e mozas de ata 35 anos, titulados universitarios ou de FPII, cunha experiencia laboral non superior a 36 meses na súa categoría profesional.

Tipo e intensidade da axuda

Tipo de convocatoria: Convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
Tipo de axuda: Subvención
Incentivo: 10.000€ / contrato 12 meses
Orzamento total: 1.100.000 €

Alcance previsto: 110 contratos

GAIN XUNTA

ESTUDOS DE MERCADO EN CIENCIAS DA SAÚDE

Bioalmorzo "Estudos de mercado primarios para o sector de ciencias da saúde"

En prazo de inscrición 18/05/2018

Bioga e a Axencia Galega de Innovación organizan o próximo 23 de Maio na Sala de Xuntas do Edificio Emprendia en Santiago de Compostela o Bioalmorzo “Estudos de Mercado Primarios para o Sector de Ciencias da Saúde” en colaboración con ilS Intelligence.

Analizar o mercado antes de tomar unha decisión crave ou realizar un investimento é, sen dúbida, un dos primeiros pasos que se deben dar. Normalmente o mercado analízase a través de publicacións pre-existentes, bases de datos de referencia e información online, é dicir a través de estudos de mercado secundarios. Con todo, non se ha de perder de vista ao usuario final (prescritor, paciente, representante da industria…), ou ao pagador/decisor (xerencia hospitalaria, aseguradora, goberno,…) e resulta necesario tamén solicitar información de primeira man destes axentes a través de estudos de mercado primarios. Isto permitiranos ter unha idea fiable e analítica sobre se o noso negocio ou produto teñen cabida no mercado.

BIOGA

+AMIGOS + NEGOCIOS

VI Edición +amigos +negocios

En prazo de inscrición 18/05/2018

+ amigos + negocios é un evento informal onde se busca que os participantes creen novas redes de contacto e apoio e novas oportunidades de negocios entre comercios, autónomos, pemes e emprendedores de Santiago de Compostela e comarca.

Terá lugar, desta vez, o martes 22 de maio a partir das 20,30 horas na Sala Riquela (Rúa do Preguntoiro, 35)

Em-rede

Compartir: