EMPRENDEMENTO FEMININO

Programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia

En prazo de inscrición 11/07/2018

O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como para ter acceso a servizos específicos de acompañamento, asesoramento e titorización co obxecto de facilitar a implantación e a consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Emega as empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen os seus plans Innova ou Activa no período comprendido entre o 1 de setembro de 2017 e a data da fin do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria, sempre que cumpran todas as condicións e requisitos comúns e os específicos da correspondente liña ou tipo de axuda previstos nesta resolución.

emprego XUNTA emprendemento MULLERES

ESTRATEXIAS DE APOIO Á INDUSTRIA 4.0

Xornada técnica sobre estratexias de apoio á industria 4.0

En prazo de inscrición 11/07/2018

Abordar as estratexias de apoio á Industria 4.0 e as novas oportunidades asociadas á nova industria son os obxectivos da xornada técnica que se desenvolverá o próximo luns, 16 de xullo, ás 09:00, no Edificio Cinc da Cidade de Cultura, en Santiago de Compostela. O encontro está organizado polo Igape coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN). A xornada incluirá unha mesa redonda sobre as experiencias rexionais de "Digital Innovation Hubs" e relatorios sobre as axudas que no ámbito da Industria 4.0 activarán o Igape e Gain durante o segundo semestre deste ano.

XUNTA IGAPE GAIN

Axudas para a creación e consolidación de Unidades Mixtas de Investigación

En prazo de inscrición 06/07/2018

Preténdese a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación, como instrumento favorecedor da cooperación entre os organismos de investigación de Galicia e o tecido empresarial para desenvolver de forma conxunta e coordinada actividades de investigación, innovación e desenvolvemento aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia.

GAIN XUNTA

A nova regulación dos mercados financeiros e o seu impacto na empresa

En prazo de inscrición 03/07/2018

Nesta xornada poderás descubrir os retos e oportunidades que supoñen para a empresa as novidades na regulación dos mercados financeiros.

Data: 12 de xullo de 2018
Lugar: Centro Obra Social ABANCA Praza de Cervantes s/n 15872 Santiago de Compostela
Horario: de 10.00h a 13.15h

APD

III edición da aceleradora Business Factory Auto

En prazo de inscrición 29/06/2018

Actualmente atópase aberta a III edición da aceleradora especializada en automoción Business Factory Auto (BFA). O obxectivo desta iniciativa de carácter vertical, é a aceleración e consolidación de proxectos especializados en automoción e a súa transformación en empresas innovadoras, viables e escalables, contribuíndo así a fortalecer a posición do sector e a incrementar a súa proxección internacional.

GAIN XUNTA

III Congreso Nacional de CFOS

En prazo de inscrición 28/06/2018

As direccións financeiras asumiron novos roles que as sitúan, directamente, na parte estratéxica das organizacións. O seu contacto directo con outras áreas como recursos humanos, operacións ou o departamento xurídico vólvese fundamental para entender o negocio e ter unha visión 360 da organización.

Só desta forma a dirección financeira será capaz de proxectar diferentes escenarios e propoñer estratexias cunha visión a longo prazo. Aínda que é certo, asumir este novo rol supón liberar tempo dedicado ás súas funcións tradicionais, que hoxe pode desempeñar a tecnoloxía, para implicarse nunha perspectiva máis transversal.

A análise da contorna económica mundial, o impacto o blockchain, a automatización dos procesos ou as novas competencias da dirección financeira son algúns dos temas que se abordarán neste III Congreso Nacional de CFO, que se celebrará en Santiago de Compostela.

APD

Compartir: