Axudas para o desenvolvemento de solucións innovadoras nas empresas

En prazo de inscrición 27/06/2018

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela abre a convocatoria pública de axudas para o desenvolvemento de plans de implantación de solucións innovadoras para os que destinará 150.200 euros, axudas que xorden no marco do programa InnoCámaras, financiado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) da Unión Europea.

Cámara

Inside the Lab: evento de demostracións tecnolóxicas

En prazo de inscrición 27/06/2018

Inside the Lab: selección de demostracións destinadas a presentar os últimos resultados científicos do CiTIUS, nun grao de desenvolvemento axeitado para a súa transferencia á industria e á sociedade.

Lugar: CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da Universidade de Santiago de Compostela)

Data: venres 6 de xullo.

Horario: entre as 10h00 e as 14h00.

universidade USC CITIUS

MEDRANDO XUNTAS

Programa formativo gratuíto Medrando Xuntas

En prazo de inscrición 27/06/2018

Medrando Xuntas, iniciativa enmarcada dentro do programa Emprega en feminino, para fomentar o talento feminino nas entidades de economía social, está dirixido a todas as mulleres de entidades de economía social, ben sexan socias e/ou traballadoras, responsables de dirección e/ou de goberno.

Economía Social eusumo XUNTA

Curso: "Xestión eficaz do tempo: gañas ti e gaña a túa empresa"

En prazo de inscrición 04/06/2018

Cantas veces finalizamos o día preguntándonos “e hoxe, que fixen”?
Cantas veces o famoso “Tes un minuto?” de alguén se converteu en media hora que non puidemos dedicar aos nosos temas?
Cantas veces unha reunión durou o dobre do tempo previsto, sen decidir nada e cunha convocatoria para unha nova reunión?
Canto tempo perdemos en volver revisar un email ou un documento que está sobre a nosa mesa e lembrar o que temos que facer con el?
Cantas veces aplicamos o de “fágoo eu, que tardo menos”?
Cantas veces teremos sacrificado o noso tempo de lecer ou de descanso para dedicalo a temas profesionais?
Cantas veces sobresaltámonos ao lembrar unha cita ou unha tarefa que deberiamos realizar?
Pensa vostede que saca todo o proveito posible á vez que dedica ao seu traballo?
Que é máis importante? Traballar moitas horas ou aproveitar ben as horas que traballa?

Información práctica:
Datas: 7 e 13 de xuño de 2018 (Actividade formativa de dúas sesiones)
Lugar: Hotel NH Collection Santiago de Compostela Av.Burgo das Nacións, s/n. Santiago de Compostela
Horario: de 9.00 a 13.30h
Teléfono de información: 981 53 64 34

Email de información: noroeste@apd.es

APD

Compartir: