ACELERADORA DE INNOVACIÓN

III edición do Vodafone Connecting for Good Galicia

En prazo de inscrición 04/05/2018

O vindeiro luns, 7 de maio, abre a convocatoria da terceira edición da aceleradora de innovación Vodafone Connecting for Good Galicia, unha iniciativa da Fundación Vodafone España co apoio da Xunta de Galicia.
O seu obxectivo é apoiar seis proxectos que resolvan, a través da innovación, algún reto social no ámbito da educación, a saúde, a participación cidadá ou a accesibilidade, entre outros, para que se convirtan en negocios reais e os seus produtos e servizos despeguen con garantía de éxito.

Un xurado seleccionará ata un máximo de seis proxectos de emprendemento e valorarando especialmente o enfoque inclusivo á hora de ter en conta a persoas con discapacidade e persoas maiores.

GAIN VODAFONE

INDUSTRIA 4.0 NA BIOTECNOLOXÍA

Talleres Industria 4.0

En prazo de inscrición 02/05/2018

Os próximos días 1 e 6 de Xuño en horario de 10.00-14.30 h vanse realizar uns Talleres en Industria 4.0 organizados por Bioga e impartidos por Cesga-Centro de Supercomputación de Galicia.

Estes talleres teñen como finalidade a exploración de ferramentas tecnolóxicas para o seu coñecemento polo sector biotecnolóxico e a identificación dun proxecto de implantación sectorial no sector bio galego que poderá ser pilotado nas infraestruturas do Cesga.

BIOGA CESGA

COMPETENCIAS EN INTERNACIONALIZACIÓN

Aberto o prazo de solicitudes das bolsas de especialización en internacionalización empresarial

En prazo de inscrición 27/04/2018

Os novos profesionais con titulación universitaria ou profesional vinculada ao mundo empresarial interesados na adquisición de competencias en materia de internacionalización poden solicitar as bolsas convocadas, a través do Igape, pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, co obxectivo de capacitar neste ámbito a 40 novos titulados.

IGAPE

DIXITALIZACIÓN DA EMPRESA GALEGA

Dixitalización da empresa galega Ónde nos encontramos e hacia ónde imos?

En prazo de inscrición 27/04/2018

A transformación dixital provocou un cambio global no ecosistema empresarial, espertando nas organizacións a necesidade de alcanzar o nivel competitivo necesario en termos dixitais e de innovación para adecuar o modelo de negocio aos novos hábitos e costumes dos consumidores.
Ante esta situación resulta fundamental que os directivos teñan claro cal é o diagnóstico do que parte na súa empresa, así como cal é a realidade dixital das compañías da súa contorna, especialmente dos seus competidores. Unicamente así poderán tomar decisións acertadas.

Para dar resposta a preguntas como: cal é a realidade dixital de empresas, profesionais e institucións en España e Galicia?, é a dixitalización unha das maiores preocupacións para as empresas?, cantas empresas contan cun plan concreto para dixitalizarse? ou cales son as áreas de investimento prioritarias?, APD e VODAFONE organizamos a xornada Dixitalización da empresa galega. Onde nos atopamos e cara a onde imos?

APD

CONTRATOS DO SECTOR PÚBLICO

Nova lei de contratos do sector público (Lei 9/2017, de 8 de novembro)

En prazo de inscrición 27/04/2018

Esta acción formativa aborda todo o ciclo de vida do contrato administrativo desde a súa preparación, adxudicación, execución e extinción tomando como fío condutor a nova lei de contratos. Cun enfoque esencialmente práctico conectará a análise do texto legal coa casuística da xestión ordinaria de provedores de servizos, subministracións e obras das administracións públicas, facilitando a aclaración e resolución de dúbidas por parte dos asistentes.

MODALIDADE: presencial
DURACIÓN:8 horas
DATA INICIO: 24/05/2018
LUGAR DE CELEBRACIÓN: sede Feuga (Santiago de Compostela)
HORARIO: de 09:30 a 14:30 e de 16:00 a 19:00 hs

FEUGA

Compartir: