Acto inaugural Programa formativo en xestión estratéxica e operativa de centros e unidades de investigación de excelencia

En prazo de inscrición 22/10/2018

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia e FEUGA organzizan a xornada de presentación do proxecto “Programa formativo en xestión estratéxica e operativa de centros e unidades de investigación de excelencia”.

Este evento terá lugar o próximo día 26 de outubro de 2018 ás 13:00h no Auditorio da Sede FEUGA, rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, Campus Vida, Santiago de Compostela (A Coruña).

FEUGA

O ROL DO CONSELLEIRO

II Foro do Conselleiro

En prazo de inscrición 22/10/2018

Nunha contorna complexa e cada vez máis esixente, os consellos de administración das compañías están a avanzar cara a unha maior profesionalización, con competencias e habilidades específicas para desempeñar a súa función de forma óptima.

Neste contexto, APD e AGEF, en colaboración con BANCO SANTANDER e GOBERTIA, celebraremos o II Foro do conselleiro. Como construír un novo modelo de empresa, no cal abordaremos os novos retos de empresas e conselleiros das empresas galegas no contexto actual.

Informacións prácticas

Data: 24 de octubro de 2018

Horario: de 9.30h a 13.45h

Lugar: Hotel A Quinta da Auga Paseo da Amaia, 23B. Santiago de Compostela 

Teléfono de información: 981 53 64 34

APD

Plan integral de dinamización e recuperación de montes de coníferas e de promoción do consumo de madeira de Galicia

En prazo de inscrición 22/10/2018

A Cidade da Cultura acolle o vindeiro martes, 24 de outubro, a Xornada “Plan Integral de dinamización e recuperación de montes de coníferas e de promoción do consumo de madeira de Galicia”. No marco desta cita asinarase un acordo para o impulso do piñeiro en Galicia. Este convenio compromete, libre e voluntariamente, a desenvolver un plan de traballo que persegue, fundamentalmente, tres obxectivos: recuperar a superficie dedicada a coníferas en Galicia; mellorar as masas existentes e promover o consumo de madeira de conífera galega.  Terá lugar no Auditorio 1 do Edificio CINC na Cidade da Cultura e comezará ás 10:15 horas

CLÚSTER MADEIRA

II PREMIO AO PROXECTO INNOVADOR FORESTAL

En prazo de inscrición 19/10/2018

Potenciar a capacidade innovadora do sector forestal en Galicia é o obxectivo fundamental do II Premio ao Proxecto Innovador Forestal, promovido pola Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, en colaboración co resto de entidades que conforman a mesa forestal impulsada pola institución cameral: o Igape, a Escola de Enxeñería Forestal, a Escola de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán, o Clúster da Madeira e o Deseño, a Asociación Sectorial Forestal Galega e a compañía Ence.

XUNTA IGAPE

COINNOVANDO

Coinnovando no sector agrario e forestal en Europa

En prazo de inscrición 17/10/2018

O evento está organizado pola Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA) en colaboración coa EIP-AGRI e está financiado baixo o marco do convenio entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e FEUGA para impulsar programas de posicionamento e captación de proxectos europeos para o sistema universitario gallego.

Celébrase o 16.11.2018 Sede FEUGA. Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n Campus Vida, Santiago de Compostela (A Coruña)

FEUGA

Experiencias de internacionalización: impacto nas áreas funcionais da empresa

En prazo de inscrición 17/10/2018

A Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e Excelia organizan, en colaboración coa Xunta de Galicia, o encontro Experiencias de internacionalización: impacto nas áreas funcionais da empresa, que se celebrará o martes 23 de outubro a partir das 9.30 horas, no Hotel OCA Puerta del Camino (rúa Miguel Ferro Caaviero s/n), en Santiago de Compostela.

A xornada ten como obxectivo dar a coñecer ás empresas galegas as vantaxes e riscos de apostar por diferentes fórmulas e mercados nos plans de internacionalización. Incluirá relatorios sobre as liñas de apoio neste eido que a Xunta pon a disposición das empresas galegas a través do Igape, e sobre casos de éxito, que presentarán directivos de diferentes compañías.

XUNTA IGAPE

Compartir: