LABORATORIOS COOPERATIVOS

Axudas de laboratorios cooperativos no rural

En prazo de inscrición 27/06/2018

A finalidade destas axudas é fomentar a dinamización da economía local, identificando oportunidades de negocio no territorio e seleccionando un grupo de persoas interesadas en iniciar unha actividade económica no dito sector a través da constitución dunha cooperativa ou sociedade laboral.

MEDRANDO XUNTAS

Programa formativo gratuíto Medrando Xuntas

En prazo de inscrición 27/06/2018

Medrando Xuntas, iniciativa enmarcada dentro do programa Emprega en feminino, para fomentar o talento feminino nas entidades de economía social, está dirixido a todas as mulleres de entidades de economía social, ben sexan socias e/ou traballadoras, responsables de dirección e/ou de goberno.

MERGÚLLATE NA ECONOMÍA SOCIAL

Xornada de formación "Mergúllate na economía social" para técnicos e orientadores de emprego

En prazo de inscrición 11/05/2018

OBXECTIVOS:
Promover a economía social, os seus valores e as súas principais características entre axentes intermedios que favorecen o impulso de proxectos empresariais, así como divulgar os recursos e as ferramentas de apoio existentes.

A xornada está dirixida á rede de técnicos de emprego e os orientadores laborais, para que coñezan en primeira persoa as peculiaridades e potencialidades da Economía Social.
A Secretaría Xeral de Emprego considera imprescindible a asistencia ás devanditas xornadas, co obxectivo de mellorar as capacidades e os coñecementos técnicos dos axentes antes citados en materia de emprendemento e xestión de proxectos de economía social, para lograr, deste xeito, promover e facer chegar modelos empresariais de economía social a toda a comunidade autónoma de Galicia.

23 de maio de 10:00 a 14:00 h. SANTIAGO DE COMPOSTELA, Consellería de Sanidade -Rúa de Ceuta s/n - 15703 Santiago de Compostela

BOLSAS DE XERENCIA EN COOPERATIVAS

Bolsas de xerencia en cooperativas

En prazo de inscrición 13/04/2018

A Unión de Cooperativas Espazocoop convoca 4 bolsas de xerencia en cooperativas destinadas a persoas en desemprego con formación empresarial.
As bolsas darán a posibilidade de realizar unha estadía en prácticas nunha cooperativa durante 6 meses para impulsar e apoiar o ámbito xerencial e procesos de mellora.
Durante a estadía en prácticas se analiza, deseña, planifica, e desenvolven accións de mellora na xestión da cooperativa. Faise co apoio dunha persoa titora de EspazoCoop, e en cordinación coa cooperativa, apoiando as necesidades e demandas de esta.

As bolsas están vinculadas a un Programa Formativo.

ASEMBLEAS E REUNIÓNS

Curso de teleformación mixta "Asembleas e reunións"

En prazo de inscrición 10/04/2018

DATA INICIO: 02/05/18
DATA FIN: 08/06/18
DURACIÓN: 40 horas
HORARIO. As sesións presenciais serán en horario de 17:00 a 21:00 horas
LUGAR CELEBRACIÓN: Curso na modalidade mixta. Para a parte de formación a través de internet. Precísase acceso á ordenador e conexión a internet.

As sesións presenciais desenvolveranse no Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra, rúa Oporto, 3, Vigo.

Compartir: