• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Data de escritura

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde mañá, mércores 12 de agosto, durante 20 días hábiles.

O Boletín Oficial da Provincia publica este martes a convocatoria da V edición dos Premios á Excelencia Empresarial Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago, que distinguen a empresas destacadas pola conciliación laboral e familiar, a economía circular e a innovación entre outras boas prácticas.

Estes premios buscan ser un estímulo para alcanzar a excelencia, fomentar o intraemprendimiento na empresa, o desenvolvemento de ideas de negocio viables nas que se poña en valor un desenvolvemento sostible, como elemento que contribúe a alcanzar a viabilidade e consolidación empresarial.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados desde mañá, 12 de agosto.

Requisitos e dotación económica

Poden optar aos premios todas as empresas que teñan a súa sede social fiscal e, cando menos, un centro de actividade no Concello de Santiago, baixo calquera forma xurídica admitida en dereito, e sexa cal for o seu campo de actividade. 

Haberá seis categorías, cada unha dotada con 6.000 euros, o que resultará un total de 36.000 euros en premios. Ademais, outorgaranse tres mencións por importe de 2.000 euros cada unha.

O obxecto dos Premios á excelencia empresarial da Axenda Urbana 2030 é recoñecer as empresas que se tivesen distinguido polas boas prácticas no campo da conciliación laboral e familiar, da economía circular, da innovación, da comercialización en produtos e servizos culturais, dos retos da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela, das boas prácticas de empresas de economía social e tamén, boas prácticas que apostan por reter, atraer ou mellorar o talento.