• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

R. do 28 decembro 2021,pola que se convoca o procedemento de selección de entidades colaboradoras que participarán na xestión das subvencións para proxectos de enerxías renovables para uso térmico e fotovoltaica,

Requisitos, condicións de solvencia e eficacia das entidades colaboradoras:

1. Poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que, en ambos os casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten as condicións de eficacia e solvencia técnica e económica que se establecen neste artigo.

2. Será necesario que as entidades colaboradoras estean dadas de alta na Consellería de Economía, Emprego e Industria:

Extracto da R. do 29 decembro 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia convocatoria se subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servicios para ano 2021

 Beneficiarios:

1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases:

a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídas no sector servizos ou na industria. Para os efectos destas bases defínese empresa conforme o recollido no artigo 1 do anexo I do Regulamento (UE) 651/2014. Só serán subvencionables as actuacións realizadas en centros de traballo ubicados en Galicia.

Extracto de la R.del 11/01/2021,apueba convocatoria concesión ayudas para impulsar la aplicación de la ciberseguridad en Pymes

A axuda en especie obxecto desta convocatoria, será a recepción dun
asesoramento especializado e individualizado que incluirá un diagnóstico da
situación de partida da empresa beneficiaria, unha auditoría de 
ciberseguridad,
unha proposta de implantación de plan de 
ciberseguridad, así como o seguimento
das medidas implantadas e valoración doutras actuacións que sexan
necesarias. O asesoramento prestarase por consultores especializados, a través de reunións

EXTRACTO da Resolución do 23 de decembro de 2020 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións, a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego

 Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas constituídas como produtoras audiovisuais independentes cunha antigüidade mínima e sen interrupcións dun ano, dadas de alta cunha antigüidade mínima e sen interrupcións dun ano na epígrafe IAE 961.1 e con sucursal ou oficina permanente de polo menos un ano, previamente a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.

Extracto da R. nº 2021/236 do 8/1/2021 da Presidencia da D.provincial pola que s se aproba Programa de subvencións a entidades sin ánimo de lucro para realizar actividades culturais ano 2021

 Beneficiarios :

A presente convocatoria vai dirixida a entidades sen ánimo de lucro, con domicilio fiscal na provincia da Coruña ou
que acrediten que as actividades obxecto da subvención realizaranse no ámbito territorial desta provincia.

Modalidades do programa:

Entidades de natureza cultural: asociacións culturais e entidades que teñan o seu carácter cultural debidamente acreditado nos seus estatutos.

Entidades de natureza veciñal: asociacións de veciñas e veciños, asociacións xuvenís, de amas de casa, da terceira idade, asociacións de mulleres rurais

EXTRACTO da Resolución do 17 decembro 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que abroba as bases reguladoras das axudas para novos emprendedores en concorrencia competitiva ( Galicia emprende )

Poderán ser beneficiarios destas axudas os/as autónomos/as e as pequenas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 que realicen unha actividade económica e teñan menos de 42 meses de antigüidade de alta na actividade na data da solicitude da axuda, segundo se establece no artigo 1 das bases reguladoras.