• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

EXTRACTO da Orde do 16 de outubro de 2020 pola que se convocan para o ano 2020 as axudas pola crise sanitaria do COVID-19 no sector da flor cortada e da planta ornamental (código de procedemento MR436D).

 Bases reguladoras : Orde do 16 de outubro de 2020 pola que se convocan para o ano 2020 as axudas pola crise sanitaria do COVID-19 no sector da flor cortada e da planta ornamental (código de procedemento MR436D.

DOG Nº 213 DO 22/10/2020

A contía máxima da subvención establécese en 20.000 euros por beneficiario.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 5 de novembro de 2020.

Orde IGD/980/2020, do 16 de outubro, pola que se convoca a concesión da distintivo Igualdade na Empresa correspondente ao ano 2020, e establécense as súas bases reguladoras.

Establecer as bases reguladoras da presente convocatoria, a fin de recoñecer e estimular o labor das empresas e entidades comprometidas coa igualdade, que destaquen pola aplicación de políticas de igualdade entre mulleres e homes nas condicións de traballo, nos modelos de organización e noutros ámbitos, como os servizos, produtos e publicidade da empresa.

 

O prazo de presentación de candidaturas será dun mes contado a partir do día seguinte
ao da publicación da presente orde no «Boletín Oficial do Estado».

Ampliación de prazo axudas para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das personas retornadas e os seus descendentes

As axudas teñen por obxecto promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes que se establezan como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, ou como socias traballadoras de sociedades mercantís, de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.