O Concello de Santiago e a Cámara de Comercio de Santiago porán a disposición do empresariado da súa demarcación un servizo gratuíto de información, asesoramento e intermediación para autónomos e empresas que necesiten acollerse ás liñas de financiamento e avais ( ICO-IGAPE- SGRs- CDTI, etc.) que se están publicando para facer fronte ao impacto económico derivado da paralización da actividade como consecuencia do estado de alarma decretado polo Goberno Central para frear a expansión da COVID-19.
Aprobación no Consello de Ministros de 21/04/2020 de REAL DECRETO-LEY de medidas urxentes complementarias para apoiar á economía e ó emprego.
O Concello de Santiago, a través do seu Servizo de Apoio á Empresa pon en marcha un servizo de consultoría para apoiar ao pequeno comercio na preparación da volta á actividade económica. Ofrécense 15 prazas para a elaboración de plans de reactivación económica personalizados. As inscricións poden realizarse na web do CERSIA Empresa ata o 2 de maio ás 13:00 horas.
Quizais agora é o momento no que a compra de frescos en liña vai desmarcar.
O Pleno da Cámara de España, reunido o mércores 29 de Abril de forma telemática, aprobou un Documento de Propostas para a recuperación e reconstrución social e económica de España co que pretende contribuír ao diálogo que se abrirá nas próximas semanas para superar o impacto no tecido produtivo e a economía da pandemia do COVID-19.
Hoxe, día 8 de xuño de 2021, publícase a Resolución do Concelleiro de Turismo Relativa á Publicación de Listaxes de Solicitudes Recibidas e Requerimentos de Subsanación da “CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O RESCATE DA RESTAURACIÓN, HOSPEDAXE E TURISMO DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA AFECTADO POLA CRISE DA COVID-19. ANUALIDADE 2021”.
O pasado domingo rematou esta feira de innovación, de novo online, que multiplicou por catro o número de inscritos con respecto á edición anterior así coma o seu impacto a nivel global con referentes como Keisha Howard, César de la Fuente ou Valeria Corrales.
A Sociedade para a promoción de iniciativas empresariais innovadoras SL, UNINOVA, acordou hoxe a designación de novos conselleiros e a composición do novo Consello de Administración.
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola alcaldesa de Lugo e vicepresidenta do Eixo, Lara Méndez; polo secretario xeral da entidade interrexional, Xoán Vázquez Mao; e polo presidente do Consello Económico e Social, Agustín Hernández, deu conta en rolda de prensa do "Mapa ferroviario de Galicia", documento no que se recollen as actuacións propostas polo Eixo Atlántico para a modernización da rede ferroviaria galega de vía ancha.
O presidente do Consorcio de Santiago e alcalde da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado do vicepresidente e conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e da xerente do organismo interadministrativo, Belén Hernández, presentaron esta mañá as principais liñas da "Proposta estratéxica plurianual do Consorcio de Santiago para o período 2021-2027-2032", refrendada o domingo polo Real Padroado, na que tamén se recolle a creación dun Polo de Formación Profesional Biosanitaria nos edificios do antigo Hospital Psiquiátrico de Conxo.