No 2022 marcáronse novos máximos turísticos na cidade, tanto en pernoctacións como en pasaxeiros no Aeroporto de Santiago – Rosalía de Castro e no número de Compostelas entregadas.

Etiquetas:
novas , Turismo de Santiago , record , pernoctacións , Prórroga Ano Santo 2022 , Sindo Guinarte , Flavia Ramil

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse cos veciños e veciñas afectados pola expropiacion das parcelas nas que se ubicará a futura plataforma loxística de mercadorías para explicarlle o proceso de pago das súas fincas. No encontro estivo acompañado polos concelleiros de Urbanismo, Mercedes Rosón, de Obras, Gonzalo Muíños, e pola técnica responsable da área de Urbanismo.

Etiquetas:
novas , plataforma loxística , A Gracia , veciñanza , Alcalde , PEID , Mercagalicia

Un total de 59 prazas de diferentes categorías e escalas serán convocadas nos vindeiros días no Boletín Oficial da Provincia da Coruña para a súa cobertura a través do sistema de oposición e quenda libre. A estas prazas súmanse tamén as 92 prazas xa convocadas no BOP do día 27 de decembro do proceso extraordinario de estabilización e as 71 prazas de promoción interna de persoal funcionario de carreira que xa presta os seus servizos no Concello de Santiago.

Etiquetas:
novas , oferta , emprego , sistema oposición , quenda libre , "Concello de Santiago de Compostela "

O Pleno do Concello de Santiago deu hoxe luz verde á aprobación do Pacto polo Rural, un documento que recolle unha serie de accións concretas a implementar entre o 2023 e o 2030 co fin de mellorar o estado actual do rural municipal. Tamén se aprobou o proxecto para a renaturalización, mellora da biodiversidade e consolidación da infraestructura verde da Cidade de Santiago "Entre Sar e Sarela".

Etiquetas:
novas , rural , economía circular , PLENO , infraestructuras , FERUSA , renaturalización , biodiversidade

O estado das diferentes propostas de innovación presentáronse esta mañá no centro sociocultural de Santa Marta. Ao evento acudiron o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; o concelleiro de Presidencia, Gumersindo Guinarte e a secretaria xeral de Innovación do Ministerio de Ciencia e Innovación, entre outros.

Etiquetas:
novas , SMARTIAGO , ALCALDÍA , "Concello de Santiago de Compostela " , mobilidade , Kapsch , FID , FEDER , GAIN;Emprendemento;Desenvolvemento

O investimento no tecido residencial será de 900.000€, o que triplica o investimento previsto no 2020. Esta partida irá destinada ao mantemento das envolventes exteriores e á rehabilitación das carpinterías de madeira e reixas dos edificios privados. Os máis de 9,6 millóns de euros orzamentados para o vindeiro ano incluirán tamén partidas destinadas ao mantemento de lousados; á difusión de publicacións e exposicións vencelladas á Cidade Histórica e á dinamización cultural e turística.

 

Etiquetas:
novas , "Concello de Santiago de Compostela " , Centro Loxístico de Provisión e Distribución de Mercadorías do Casco Histórico

O Consello Económico e Social do Concello de Santiago, órgano de participación das asociacións e entidades do ámbito socioeconómico no seguimento das cuestións da cidade e na determinación das medidas e decisións que se toman para o futuro, celebra hoxe un novo encontro no edificio CERSIA de San Lázaro presidido polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo.

Etiquetas:
novas , Consello , xuntanza , avances , proxecto , AXENDA URBANA 2030

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2022/10/18/2022_0000006376.pdf

 

Etiquetas:
novas , "Concello de Santiago de Compostela " , excelencia empresarial

Tras unha nova reunión cos grupos políticos e axentes económicos e sociais da cidade, o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, fixo pública a decisión "unánime" porque "como capital de Galicia temos a obriga de apoiar a candidatura de Galicia" e aínda que "discrepamos nos criterios que se empregaron para tomar esa decisión, nós non imos a debilitala, imos a colaborar con ela".

Etiquetas:
novas , axentes sociais , AXENCIA ESTATAL DE SUPERVISIÓN DA INTELIXENCIA ARTIFICIAL , CESGA , AMTEGA , AMTEGA