A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou hoxe o programa "Faino Ti", co que o Concello quería achegar o movemento maker, as TIC e a cicencia ao conxunto da veciñanza. O programa, financiado con fondos europeos da EDUSI, chegou a máis de 1.300 persoas, que ben participaron nas actividades formativas da Academia Maker ou ben visitaron o Laboratorio de Fabricación Dixital Móbil que percorreu os barrios de Compostela.
O executivo municipal aprobou esta mañá o expediente de contratación para as obras de "Rehabilitación de firmes de vías urbanas 2023" cun orzamento base de preto de 350.000 euros. Tamén se acordou a aprobación definitiva do Proxecto de Expropiación por taxación conxunta para a creación da plataforma loxística de intercambio de mercadorías na parcela SU-3 do PXOM (fase I). Destes e outros asuntos deu conta en rolda de prensa a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou hoxe a convocatoria de subvencións municipais para a rehabilitación de edificios residenciais no marco da 18ª fase da Área de Rexeneración e Renovación Urbana (ARRU) da cidade histórica de Santiago por un importe total de preto de 85.000 euros. As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude durante un mes a partir de mañá, 24 de outubro. Tamén continúa aberto o prazo de solicitude de axudas para a rehabilitación de vivendas no barrio de Vite por unha contía de 672.000 euros que cubrirá un total 96 actuacións.
Aprende a deseñar campañas de Marketing Dixital con Chat GPT
O Talentia Summit, a feira do talento e do emprego de Santiago, celebrará no próximo mes de novembro unha nova edición para analizar a transformación do mercado laboral. A cita comezará cun gran foro estratéxico inaugural, o 10 de novembro. A feira de emprego celebraráse entre os días 13 e 17.
Os vindeiros 25, 26 e 27 de outubro celebrarase a quinta edición da Feira de emprendedoras de Compostela cunha ampla programación dirixida a centros de formación, empresas, alumnado e profesorado da Universidade así como á cidadanía en xeral. Nesta ocasión, o evento céntrase na economía circular co obxectivo de establecer un debate sobre a aqueles modelos económicos sustentables e pensado para as persoas, en liña cos principios da Axenda Urbana 2030.
O martes 17 de outubro celebrouse o noveno Encontro Emprendedor, no ciclo promovido polo Concello de Santiago a través do CERSIA, para a difusión da Axenda Urbana 2030. A Gobernanza foi o eixo principal abordado nesta ocasión, na que se coñeceu a iniciativa empresarial de Coop57 Galiza. O último Encontro Emprendedor do 2023 terá lugar o 21 de novembro, arredor das temáticas de Proximidade e Mobilidade Sostible.
Este curso está orientado a persoas que se incorporan ao mercado laboral, emprendedores ou profesionais do entorno empresarial que buscan mellorar a eficacia das súas accións comerciais e incrementar as ventas.
Unha formación eminentemente práctica na que descubrirán o que máis lle pode interesar ao público á hora de comercializar os seus produtos / servizos e as claves para chegar a el con éxito.
A concellería de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude organiza dúas xornadas informativas dirixidas ás empresas que queiran optar ás subvencións destinadas a apoiar as empresas de economía social ou aos premios á excelencia empresarial. O obxectivo é clarificar dúbidas con respecto a ambas convocatorias, que veñen de ser publicadas con modificacións respecto da anterior edición. As xornadas serán o próximo luns, no edificio CERSIA de San Lázaro.
A concellería de Promoción Económica pón en marcha unha campaña de dinamización comercial co obxectivo de animar á veciñanza a mercar nos establecementos locais. A acción enmárcase na programa "Aposta por ti. Aposta polo teu barrio", financiada con fondos europeos da EDUSI.