• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

María Rozas reivindica “unha economía ao servizo das persoas e do planeta” na inauguración da VII Feira de Outono das Emprendedoras de Compostela

Data de escritura

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, foi hoxe a encargada de inaugurar a VII Feira de Outono das Emprendedoras de Compostela, organizada polo departamento de Promoción Económica e a Universidade de Santiago, a través de Women Emprende. Na súa intervención, a tenenta de alcaldesa avogou por “repensar a economía poñéndoa ao servizo das persoas e do planeta, e non á inversa”.

María Rozas revindicou “unha verdadeira aposta polo desenvolvemento económico, non como un fin en sí mesmo, senón ao servizo da calidade de vida das persoas e a sustentabilidade ambiental”. A concelleira de Promoción Económica explicou que esta é a premisa da que parte cada ano a Feira das Emprendedoras de Compostela “poñendo ademais en valor o traballo de mulleres profesionais e emprendedoras que apostan e practican a economía do benestar”. 

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, foi hoxe a encargada de inaugurar a VII Feira de Outono das Emprendedoras de Compostela

A Feira de Outono das Emprendedoras de Compostela celébrase na Facultade de Química, e nesta edición pon o foco na saúde e no benestar das persoas. Para iso, na xornada participan mulleres emprendedoras, investigadoras, profesionais da saúde, divulgadoras; mulleres que loitan no día a día por constituír unha sociedade mais xusta e cun modelo económico que integre no seu ADN verdadeiros valores feministas. Tamén estarán representadas entidades comprometidas co coidado das persoas e con principios de igualdade, xustiza social e feminismo

A inauguración correu a cargo da tenenta de alcaldesa, María Rozas; o director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC, José Luís Villaverde; e o decano da Facultade de Química, Jesús Sanmartín Matalobos. Despois celebrouse unha mesa redonda para reflexionar sobre o “Entorno Médico e Científico, Empresas Innovadoras e Economía ao servizo da saúde”, coa participación de Susana Torrente Vilasánchez, técnica de xestión de patentes en áreas de farmacia e química-médica da USC e asesoramento en protección de invencións Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC; Carme Pampín, co fundadora e directora executiva de Galchimia; Nieves Rodríguez Brisaboa, presidenta da Asociación Larlilás, e María Seoane Ramil, Senior Board & M&A Advisor, Biotech Entrepreneur of the Year 2024 e membro da Xunta Directiva de Bioga.

A segunda mesa de debate versará sobre saúde mental, con Noelia Villaverde, do Servizo Integral Altas Capacidades; Area López Varela, neuropsicóloga en FEAFES; Taida Sánchez Rego, neuropsicóloga en AGADEA e responsable dos servizos de prevención e familias nas Áreas de Santiago de Compostela e A Estrada de AGADEA; Mª Carmen González Hermo, vicesecretaria do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e coordinadora no Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), e a psicóloga infantil Violeta Cruz.

Pola tarde está prevista outra mea redonda sobre “Alimentación consciente, deporte preventivo, saúde e benestar”, coa intervención da creadora dixital Nuska Chousa; o xefe de innovación e director de proxectos de Lucía Freitas, Toni Fernández; a CEO e co fundadora de Tastelab, Maruxa García Quiroga; a adestradora persoal de Reset, Uxía Parcero; e Noemi Sanmartín Rodríguez Abeiratúa, da Asociación para acompañar e mellorar os procesos de cancro con exercicio físico. A VII Feira das Emprendedoras de Compostela rematará coa presentación do libro “Mirar de frente”