• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Foi esta mañá. Máis de 30 representantes dos principais motores económicos de Compostela de xuntaron para extractar un libro branco de propostas que buscan mellorar a contorna socioeconómica desde a cooperación, a responsabilidade e a sintonía. Nos próximos días elevarán documento ao Concello para a súa avaluación e implementación.

Etiquetas:
novas , Faino ti , "Concello de Santiago de Compostela "

A Praza de Abastos continúa premiando á súa clientela, no marco da campaña “80 anos alimentando Compostela”, que conmemora o 80 aniversario da inauguración do actual edificio, deseñado polo arquitecto Joaquín Vaquero Palacios.

O concelleiro de Mercados, Xan Duro, participou esta mañá na entrega de agasallos a aquelas persoas que acreditaran ter feito a súa compra na Praza.

Etiquetas:
novas , comercio , praza de abastos , Concello Santiago , FeitoEnSantiago

A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, participou esta mañá na mesa redonda “Taxa turística, a onde vai o diñeiro?” no marco do Fairway, xunto ao concelleiro de Economía da Coruña, José Manuel Lage Tuñas, o representante de Unión Hotelera, José Antonio Liñares, e o presidente da Asociación de Empresarios de Hostalería da Coruña, Agustín Collazos.

Míriam Louzao asegurou durante a súa intervención que o Foro de Turismo Sustentable funcionará como “un espazo de diálogo, colaboración e asesoramento da política turística municipal en xeral e tamén con respecto ao destino da recarga municipal do imposto ás estadías turísticas” e, neste sentido, lembrou que na ordenanza municipal se lle deu a este Foro as funcións da Comisión municipal de asesoramento e seguimento que a lei recolle.

Etiquetas:
novas , turismo , sustentabilidade , Concello Santiago , sector_servizos

A campaña “12 Comercios, 12 Sensibilidades” chega en novembro á Óptica Val, que dedicará o mes a visibilizar o traballo de ASPAS, a Asociación de Nais e Pais con Discapacidade Intelectual. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe as actividades, acompañada por Javier García Sánchez, de ASPAS, e  da responsable do establecemento, Ana Carrillo Val.

Etiquetas:
novas , 12 comercios + 12 sensibilidades , economia_social , Concello Santiago

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, reivindicou hoxe que “Santiago e o conxunto de Galicia poden ser o berce de grandes proxectos tecnolóxicos e industriais innovadores”. Foi na inauguración da Xornada da Industria da Maker Faire Galicia, na que a tenenta de alcaldesa lembrou o “enorme potencial investigador e o talento que emana sobre todo da Universidade, e que temos que seguir poñendo en valor en iniciativas como a Maker Faire”.

 

 

 

 

 

Etiquetas:
novas , MAKER FAIRE GALICIA , maker , Maker Faiera Galicia; makers; argalleiros; Compostela Móvese; Cidade da Cultura

O edificio Cersia acolleu hoxe o curso “Saber doar. A axuda humanitaria desde os concellos” impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade do que fai parte o Concello de Santiago. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, abriu a xornada reivindicando “o papel relevante que debemos ter as administracións locais en materia de axuda humanitaria e cooperación internacional, un convencemento co que traballamos desde o Concello de Santiago”.

A tenenta de alcaldesa agradeceu ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade o seu traballo, e ás persoas asistentes ao curso “o interese, vontade e compromiso cun asunto que demasiadas veces se cuestiona que teña algo que ver co traballo que debemos abordar desde os concellos: a axuda humanitaria e a cooperación internacional”. María Rozas sinalou que é fundamental abordar estas cuestións “con coñecementos, certa preparación, e moita coordinación”. Tamén puxo en valor o compromiso do Concello de Santiago coa cooperación internacional, “cunha convocatoria de subvencións á que destinamos 400.000 euros e da que nos sentimos profundamente orgullosas”.

Etiquetas:
novas , fondo galego , cooperación , solidariedade , Concello Santiago

O Concello reuniuse cos sectores implicados e interesados (Horeca, ocio nocturno, comercio, empresas de distribución ou a propia veciñanza) para buscar a súa colaboración na definición do novo modelo da plataforma.

O Concello de Santiago busca acadar un modelo máis sustentable e eficiente de distribución de mercadorías, e con el un novo modelo de cidade, mudando o sistema de distribución da cidade histórica coa creación dunha plataforma loxística centralizada no polígono do Tambre.

Esta nova plataforma de distribución de mercadorías é un proxecto pioneiro da loxística de última milla, con especial incidencia na distribución de produtos alimentarios, aspirando a servir de modelo para outras mercadorías, para outros centros históricos e para o resto de zonas urbanas. 

Etiquetas:
novas , plataforma loxística , Concello de Santiago de Compostela , desenvolvemento local

A Maker Faire Galicia celebrará o vindeiro 31 de outubro unha nova edición da súa Xornada de Industria na Casa das Máquinas de Galeras (Santiago de Compostela).

A cita está organizada en colaboración co Concello de Santiago e a Xunta de Galicia, a través do IGAPE, conta co apoio de Servicio Móvil e do Clúster TIC Galicia, e reunirá empresas, startups, investigadores e profesionais que están a transformar o tecido produtivo galego a través da innovación, a ciencia e a sustentabilidade.

O encontro, que se desenvolverá entre as 10:0 e as 16:00 horas, busca consolidarse como un espazo de referencia para compartir experiencias e conectar sectores que, desde Galicia, están a definir o futuro da industria. Ao longo da xornada sucederanse relatorios, presentacións de proxectos, espazos de networking e unha sesión dedicada ao talento galego, que poñerá en valor a capacidade innovadora do ecosistema local.

Etiquetas:
novas , MAKER FAIRE GALICIA , MAKER; EMPRENDER; SEMANA MAKER; EMPRENDEMENTO; INNOVACIÓN

A xuntanza desenvólveuse en Ciudad Real cunha axenda centrada na intelixencia artificial e a participación cidadá

O Concello de Santiago está a participar na asemblea xeral da Rede de Entidades de Desenvolvemento Local (REDEL) que se celebra en Ciudad Real dende este mércores 22 de outubro.

Na sesión deste mércores, a REDEL aprobou o Plan de xestión e o orzamento para 2026, así como a incorporación de Villena (Alicante), co que son xa 41 as entidades asociadas, o que suma unha poboación de máis de 24.000 habitantes.

 

Etiquetas:
novas , Redel , rede , Concello Santiago , promoción económica

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, participou esta tarde na mesa “A Axenda Urbana como Ferramenta de Gobernanza”, no marco do III Foro Urbano que organiza o Ministerio de Vivenda na Coruña. A rexedora compostelá expuxo, como exemplo de boas prácticas, as fórmulas que ten activas o Concello para promover a participación social, como son os consellos municipais, os orzamentos participativos para a mocidade, o Consello Económico e Social ou o Foro de Turismo Sustentable, cuxo regulamento se está ultimando actualmente.

Etiquetas:
novas , AXENDA URBANA 2030 , Axenda Urbana , Concello Santiago