• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O comercio de Santiago MOSTRA O SEU COMPROMISO SOCIAL coa volta do proxecto “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025

Co mes de setembro chega unha nova colaboración da campaña 12 comercios 12 sensibilidades, que se centrará en dar visibilidade ao coidado de animais abandonados. Para iso contaremos con dúas novas entidades protagonistas: a tenda Maravalla e o Refuxio de Bando.

Etiquetas:
novas , comercio , compromiso social , Concello Santiago

 

Axudas para apoiar as empresas de Economía Social do Concello de Santiago

Aberto desde o 2 de setembro o prazo para solicitar as axudas destinadas a apoiar as empresas de Economía Social | Concello de Santiago de Compostela

A convocatoria enmárcase na Axenda Urbana 2030 e no Plan de Acción para a Economía Social nos barrios de Compostela, que apostan por un desenvolvemento sostible e inclusivo. 

Etiquetas:
novas , Axudas , economia_social , Concello Santiago , promoción económica

Atraer e reter talento, captar proxectos e investimentos, e poñer en valor o Biopolo da Sionlla. É o principal obxectivo da campaña “Compostela. Capital da Bioctecnoloxía”, que vén de poñer en marcha o Concello, a través do departamento de Promoción Económica, en colaboración coa Área Empresarial do Tambre. Trátase de facer de Compostela un referente e un punto de encontro do ecosistema biotecnolóxico do noroeste, dándolle cumprimento ao Pacto da Sionlla asinado en 2017.

Etiquetas:
novas , promoción económica , biotecnoloxía , Sionlla Biotech

O departamento de Promoción Económica do Concello de Santiago vén de poñer en marcha a campaña #FeitoCoaEconomíaSocial, unha iniciativa de comunicación integrada no proceso de elaboración do Plan de Acción para a Economía Social nos Barrios de Compostela. A campaña ten como obxectivo visibilizar as experiencias das entidades que conforman o ecosistema local de economía social, destacando o seu papel na xeración de emprego digno, cohesión social e transformación dos barrios.

Etiquetas:
novas , economia_social , promoción económica , barrios , aposta polo teu Barrio

A colaboración, a descentralización, as sinerxias e a desestacionalización son ineludibles se queremos aspirar á excelencia cultural

Etiquetas:
novas , emprendemento , FeitoEnSantiago , desenvolvemento local , consolidación

Este martes, o Cersia Empresa acolleu a segunda xornada participativa do proceso de codeseño do Plan de Acción para a Economía Social nos Barrios de Compostela, unha iniciativa impulsada polo Concello de Santiago co obxectivo de construír unha folla de ruta compartida para o fortalecemento da economía social na cidade.

Etiquetas:
novas , EconomíaSocial , compostela , ParticipaciónCidadá , SantiagoDeCompostela , FeitoEnSantiago , cocreación , axendaurbana2030santiago

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude reivindicou hoxe “un modelo económico máis sostible e máis xusto socialmente”. Foi no acto de apertura do programa “Faino en Santiago”, impulsado polo departamento de Promoción Económica para acompañar a persoas emprendedoras no desenvolvemento das súas iniciativas empresariais. María Rozas mostrouse convencida de que “desde o local e desde os pequenos proxectos tamén se poden facer grandes achegas para termos un mundo mellor”.

Etiquetas:
novas , emprendemento , innovación , cooperativas , Economía Social , desenvolvemento

O edificio Cersia de San Lázaro acollerá a próxima semana as xornadas presenciais do programa “Faino en Santiago”, unha iniciativa do departamento municipal de Promoción Económica que ten como obxectivo construír unha economía máis próxima e xusta a través do apoio a proxectos que sexan sostibles económica, social e ambientalmente. A actividade, que será de balde, pretende ser un espazo de encontro, formación e inspiración para as persoas que queiran emprender.

Etiquetas:
novas , promoción económica , emprender , desenvolvemento local , sustentabilidade

Compostela é unha gran catedral de coñecemento que debe asentarse sobre a pedra angular da innovación.

Dar a coñecer o potencial innovador da cidade tomando conciencia de todo o que podemos facer se nos xuntamos. Ese é o gran reto dunha urbe á que lle custa recoñecer todo o bo que fai, que é moito. Boa proba diso son as entidades representadas neste foro.

Etiquetas:
novas , innovación , investigación , promoción económica , Cersia

Equilibrar os desaxustes entre a oferta e a demanda de emprego. Este é o gran reto dun mercado laboral que debe adaptarse aos novos tempos e á cambiante composición demográfica da poboación.

Esta mañá celebrouse no CERSIA o terceiro dos grandes foros que Promoción Económica está a coordinar para mapear a realidade da nosa contorna. Nel, empresas de xestión de talento, empresas de traballo temporal, universidade e entidades de contratación do terceiro sector déronse cita para radiografiar o empelo local, os salarios e a relación do binomio formación-cupación.

Etiquetas:
novas , niños , emprendemento , emprego , promoción económica , Concello Santiago