A economía social e outros 5 modelos alternativos á economía de mercado
Os valores sobre os que se constrúe a economía social contribúen a un crecemento innovador e integrador e, ademais, á creación dun emprego estable e de calidade, promovendo o progreso económico e social e axudando a crear unha sociedade máis equitativa.

Estamos ante outro xeito de emprender, de producir, de xestionar e de consumir, que pivota ao redor dos seguintes principios: 1) Colocación das persoas no centro das súas decisións = xestión autónoma e transparente, democrática e participativa. 2) Reparto dos beneficios en función do traballo, dos servizos ou das actividade achegados polas persoas socias. 3) Promoción da solidariedade interna e compromiso coa sociedade = igualdade entre homes e mulleres, cohesión social, cooperación e independencia de poderes públicos. 4) Compromiso co territorio, propiciando estabilidade e futuro. 5) Fortalecemento da democracia.