• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Só o 10% do monte galego ten plans de ordenación

Data de escritura

Galicia conta con arredor de 210.000 hectáreas de monte ordenado, dotado de plans que organizan cuestións coma o uso do espazo, o calendario de traballos silvícolas ou os turnos de corta. Esa superficie representa un 10% de todo o monte galego, pero queda outro 90% sen planificación.

A cuestión é que desde xuño do 2020, a Lei de Montes de Galicia establece que só poderán executar cortas os montes que teñan un instrumento de xestión. Medio Rural ten previsto convocar axudas este ano para apoiar a posta en marcha de plans de ordenación nos montes galegos.