• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xogos e realidade virtual para as audioguías

Data de escritura

Unha tecnoloxía desenvolta por unha empresa de recente creación eslovena, busca conseguir que museos e destinos turísticos de interese cultural consigan unha maior atención e visitas. O seu modelo combina o método tradicional das audioguías con pequenos compoñentes de xogo, como enigmas, adiviñas e a procura de obxectos virtuais en localizacións do mundo real que se  escanean co  smartphone grazas, claro, á realidade virtual. Moi parecido a como se fai cazando  Pokemons.

Unha tecnoloxía como a descrita, combinada coa extraordinaria riqueza artística e cultural de Santiago, constitúe unha oportunidade para desenvolver novos negocios que poidan combinar a súa rendibilidade coa promoción social, ao contribuir á difusión do patrimonio cultural de Santiago.