O móbil, lider absoluto no consumo de internet
O móbil segue sendo o líder entre os dispositivos utilizados para conectarse a internet, alcanzando o 85,3% no último mes. Ademais, en 2017 rexistra unha penetración do 87,4%, dato que gaña aínda máis valor se se ten en conta o 39,7% de tan só dous anos atrás.

O 95% dos usuarios con teléfono intelixente teñen contratada unha tarifa de conexión a internet, cifras moi similares a anos anteriores mentres que a capacidade de datos cambiou. En 2015, un 10% dos usuarios dispoñía dunha tarifa de máis de 2 GB. Actualmente o % dos que dispoñen desa tarifa de datos é do 41.
Sendo que os ordenadores continúan o seu lento, pero imparable declive como dispositivo de conexión a Internet, compre pensar, mais cedo que tarde, en adaptar á navegación móbil os sitios webs e aplicacions que non o estean.