Lánzase unha plataforma aberta de información e datos xeográficos en tempo real
A Axencia Espacial Europea adxudicou a Atos a xestión dos Servizos de Acceso a Información e Datos de Copernicus (DIAS), o programa de observación da Terra máis importante do mundo, cuxo obxectivo é facilitar o acceso aos datos dos satélites de observación. Os novos servizos ofrecerán información nova e única recompilada a partir de datos xeográficos en tempo real combinados con outras fontes de datos procedentes de diferentes sectores como industria, seguridade, seguros, servizos públicos, agricultura e servizos de emerxencia.

Isto posibilitará que terceiros (institucións, como axencias espaciais nacionais, PEMES e novas empresas) cren servizos empresariais innovadores baseados en datos de satélites, con múltitude de aplicacións en campos tan diversos como o control de pragas na agricultura, a prevención de lumes no monte ou o inventario de recursos cinexéticos.