• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Foro pola Economía Social Galega asina o seu compromiso coas entidades de economía social galegas

Data de escritura

O Foro pola Economía Social, que se inaugurou o pasado 13 de marzo en Santiago de Compostela, supuxo un día histórico para Galicia, xa que a través del créase unha figura representativa de todas as entidades da economía social de Galicia.
O Foro nace co obxectivo principal de dar visibilidade á economía social cara a sociedade e os principais axentes económicos, representando os seus intereses perante as diferentes institucións políticas, económicas e sociais. A idea é xerar as condicións adecuadas para o desenvolvemento das entidades a través da intercooperación e o acceso aos procesos de contratación públicos.

A asociación foi constituida pola unión das entidades Cooperativas de Galicia (EspazoCoop), a Asociación de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), a Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego (Cegasal), a Agrupación de Sociedades Laborais de Galicia (Aesgal) e a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (Aeiga), entidades que representan a 371 organizacións, cun volumen de ingresos de 1.616,5 millóns de euros anuais e 9.276 empregos directos.
Como mostra do seu compromiso, as cinco entidades asinaron un manifesto no que se expoñen as motivacións que levaron á formación do Foro e os obxectivos a acadar. A través deste manifesto demándanse datos oficiais sobre a economía social en Galicia, que a saquen "da invisibilidade actual" e que lle dean a presenza acorde ó seu peso económico nos centros onde se toman decisións sobre o desenvolvemento económico, social e de emprego.