• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Búscase aos deseñadores da habitación do futuro

Data de escritura

Unha cadea hoteleira volve apostar por reinventar os espazos do hotel e adaptalos aos usos e necesidades do viaxeiro do século XXI co lanzamento da terceira edición do Concurso de Innovación e Deseño de Espazos Hostaleiros Hotel Lab, promovido por Eurostar Hotels. Dirixido tanto a estudantes como a profesionais do ámbito do deseño, a arquitectura e o interiorismo, o certame é unha iniciativa que a cadea puxo en marcha en 2016 co fin de crear solucións innovadoras e creativas que proporcionen aos seus clientes unha experiencia personalizada e adaptada ao seu estilo de vida.

Nesta nova convocatoria os concursantes deberán presentar o deseño dunha habitación de hotel equipada cun set de mobiliario consistente en cama dobre con cabeceiro, armario, portamaletas e espazo de traballo. Á marxe deses elementos básicos, os participantes teñen a liberdade de incorporar todos os extras que consideren oportunos así como redistribuír o espazo dispoñible na habitación. En total contan cunha superficie de 28 metros cadrados dos que 24 deberán destinarse ao dormitorio e os catro restantes ao baño, aínda que non será necesario deseñalo.