• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Irena confirma que o crecemento das renovables no mundo é imparable

Data de escritura

A Axencia Internacional de Enerxias Renovables (Irena) acaba de publicar as súas últimas estatísticas e estas indican que as enerxías renovables engadiron a escala global outros 167 GW en 2017 , o que supón un incremento do 8,3% respecto ao ano anterior. Desta forma, as renovables instaladas no mundo en decembro pasado sumaban un total de 2.179 GW.

Estes últimos datos confirman que a transición enerxética mundial continúa avanzando a un ritmo acelerado, grazas á rápida caída dos prezos, as melloras tecnolóxicas e unha contorna política cada vez máis favorable. A pesar desta clara evidencia de fortaleza en canto a xeración de enerxía, unha transformación enerxética completa vai máis aló da electricidade e debe incluír os sectores de uso final de calefacción, refrixeración e transporte, onde hai unha oportunidade substancial para o crecemento das enerxías renovables.