• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Sacauntos Cooperativa Gráfica

DATA DE CONSTITUCIÓN: 28/04/2016
 
NÚMERO DE SOCIAS/OS: 6

NÚMERO DE TRABALLADORAS/ES: 8

VALORES: Diferentes no xeito de traballar e de abordar os proxectos, con vontade de vivir do traballo e de facelo ben. Cada persoa do equipo ten orixes e formacións diversas, e isto tradúcese nunha equipa versátil e con recursos. Trabállase de formas que outras imprentas ou equipas de deseño non poden facer.  Sacauntos conta cunha forte vocación social: colabora con colectivos e asociacións de todo tipo, coa vontade de ter un impacto na nosa contorna. Quere ser imprenta de barrio, pero tamén un referente para as persoas que inician os seus proxectos culturais ou activistas. Ofrécense as mellores condicións e axuda aos colectivos sociais cos que se traballa. Ás veces a sensación é como a de traballar mais nun clube social que nunha empresa ao uso: é habitual que o local sexa punto de encontro para empresas, colectivos e persoas de todo tipo.

Telefono
981 576 883
E-mail
info@sacauntos.com
Dirección

Rúa do Avío, 11, baixo, 15705

Producto ou servizo

Sacauntos é unha cooperativa gráfica que oferta servizos de deseño gráfico e web e impresión en grande e pequeno formato.
 
Urco editora é unha empresa editorial nacida en 2007 que veu encher un oco histórico no sistema literario galego: a publicación sistemática e especializada de literatura de fantasía, ciencia ficción e terror. Até agora a escasa presenza destes xéneros na literatura traducida estaba fragmentada en distintas editoriais e coleccións, catalogada especialmente baixo os criterios de «clásicos» ou de «literatura xuvenil». Por isto Urco foi pioneira na achega sistemática destes tres xéneros ao público galego. 
 
Co tempo, a criatura foi medrando e abranguendo outros ámbitos como o do ensaio, a literatura infanto-xuvenil e os xogos de mesa.

Tipo de empresa
Cooperativa de Traballo Asociado