7H Cooperativa Cultural

DATA DE CONSTITUCIÓN: 06/03/2015
NÚMERO DE SOCIAS/OS: 16
VALORES: tentando achegar os procesos de creación e a economía social á cidadanía, desenvolvemos e realizamos proxectos ao longo de toda Galicia, defendendo co noso traballo valores como a igualdade, a soliedariedade e o compromiso social e coa contorna.
ASOCIACIÓN: EspazoCoop, Coop57, AIS O Peto, A Nosa Enerxía e REAS Galicia.
, 15702
En 7H traballamos nos ámbitos da creación e a mediación cultural.
Conformada por creadoras, axentes e educadoras de moi distintas disciplinas, a nosa equipa cooperativa é heteroxénea e multidisciplinar, e apoiándonos cada día nesta riqueza que nos diferencia, traballamos colectivamente na creación de proxectos globais por e para as persoas. O que en 7H definimos como #creatividadecooperativa!