• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Cambia o horario e sistema de impartición do curso “Retos do Comercio Local”

Data de escritura

 Dentro do Ciclo de Accións Formativas previsto no Programa Compostela Móvese organizado polo Concello de Santiago,  o curso virtual orientado á mellora da competitividade do pequeno comercio de Santiago “Retos do Comercio Local” previsto para este mes de Setembro, trasládase a unha nova data.

Cartaz do evento

Para poder ofrecer un horario máis flexible e adaptado á demanda e ás necesidades do pequeno comercio, así como permitir que a formación chegue ao máximo número de profesionais, o módulo formativo terá lugar os Martes e Mércores de 19:30 horas a 21:30 horas dende o 26 de Outubro até o 24 de Novembro. Ademáis poñerase a disposición das persoas inscritas as gravacións das sesións formativas para a súa consulta.

Este curso ten como principal obxetivo achegar aos pequenos comerciantes e profesionais as ferramentas para mellorar as ventas dos seus negocios, a través do marketing, accións comerciais, e o deseño de unha experiencia omnicanal coa transformación dixital do negocio. Ademáis o curso ofrece titorizacións individuais para o deseño persoalizado de plans de mellora do comercio local de Santiago.

O periodo de inscrición mantense aberto a través do seguinte formulario:  https://forms.gle/eSDbm5uXL981EcN86

Para calqueira dúbida pódese enviar un correo a: formacioncompostelamovese@gmail.com