"BOOTCAMP DE EMPRENDEMENTO: Leva a túa idea ao seguinte nivel!"
A vindeira semana, do 24 ao 28 de abril, en horario de 15:30 a 19:30 horas, a Cámara de Comercio de Santiago organiza, nas súas instalacións sitas no Polígono de Costa Vella. R/ República Checa nº 40, o programa:
"BOOTCAMP DE EMPRENDEMENTO: Leva a túa idea ao seguinte nivel!"


O programa, estruturado en 5 sesións prácticas, ten como obxectivo traballar sobre as áreas estratéxicas dun proxecto de emprendemento para transformar ideas en modelos de negocio validados no mercado.
As persoas participantes obterán:
- Coñecementos no deseño da idea e nas estratexias de produto e cliente
- Construción do Produto Mínimo Viable para validar a idea no mercado
- Coñecementos nas distintas fórmulas de financiamento existentes en función de cada fase da StartUp
- Acceso a programas de mentorías individuais (Incubación e Aceleración)
Se tes unha idea de negocio ou queres lanzar novos produtos ao mercado, este programa é para ti.
Estas xornadas enmárcanse dentro do Coworking Dixital Compostela da Cámara de Comercio de Santiago que ten como obxectivo xeral crear un espazo de incubación/ aceleración para mellorar a competitividade e incrementar a produtividade das empresas, ao través do fomento da transformación dixital, a innovación e a incorporación das TIC.