• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Os Encontros Emprendedores abordan a economía circular como oportunidade para promover novas iniciativas

Data de escritura

O ciclo de Encontros Emprendedores celebra a súa cuarta xuntanza que se centrará na xestión sostible dos recursos e na economía circular como un dos eixos de futuro, recollidos na Axenda Urbana 2030 compostelá. Este novo encontro terá lugar o vindeiro martes, 16 de maio ás 10:00 horas no Mercado Galego da Creatividade e a inscrición xa esta aberta para todas as persoas interesadas.

Cuarto Encontro Emprendedor sobre a xestión sostible dos recursos e economía circular

A celebración destes Encontros persegue dous obxectivos principais: por unha banda, dar a coñecer o Plan de Acción da Axenda Urbana 2030; e por outra, establecer un espazo de encontro, diálogo e debate entre experiencias inspiradoras que motiven ás persoas asistentes a xerar iniciativas económicas arredor dos valores dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Neste nova cita, baixo o título "Outra forma de producir é posible: reutilización, transformación de produtos, deseño e artesanía na moda", Gala Nieves compartirá a súa experiencia en Off Connection, un proxecto enmarcado na moda sostible. A economía circular é a base deste proxecto, que reutiliza materiais en desuso e stock sobrante de grandes marcas para darlles unha nova vida, cooperando con obradoiros locais de tamaño familiar, con ritmos de produción lentos e limitados, e colaborando con entidades de proteción medio ambiental e animal.

Este 4º Encontro Emprendedor terá lugar o martes 16 de maio, entre as 10h e as 12h, no Espazo galego da Creatividade (Creativas Galegas - Caldeirería 36). As inscricións están abertas e son de balde, a través deste enlace.

Para máis información, podes escribir a encontrosaxendaurbana2030@gmail.com.

Encontros emprendedores

O programa Encontros Emprendedores ten coma fin dar a coñecer as principais liñas de acción da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela e tamén facer as veces de espazo de encontro, debate e coñecemento arredor de proxectos empresariais salientables vencellados aos 10 obxectivos da Axenda Urbana Española, resaltando a súa relación coas 6 Dimensións Estratéxicas da Axenda Urbana 2030 de Santiago.

Os Encontros Emprendedores estanse a desenvolver ao longo do 2023 coas seguintes temáticas:

Marzo: Modelo de cidade
Abril: Cambio climático e resiliencia
Maio: Xestión sostible dos recursos e economía circular
Xuño: Mobilidade e transporte
Xullo: Cohesión social e igualdade de oportunidades
Agosto: Economía urbana
Setembro: Vivenda
Outubro: Era dixital
Novembro: Gobernanza