ITINERARIO DE TELEFORMACIÓN PARA O EMPRENDEMENTO COOPERATIVO
O Concello de Santiago de Compostela e a Unión de Cooperativas EspazoCoop colaboran na posta en funcionamento de actividades de fomento do cooperativismo durante 2023. Ambas entidades levan a cabo un Programa composto das seguintes liñas de acción: Formación, Tecendo redes, Roteiros Cooperativos, e Emprendemento Feminino.
Con estas liñas preténdese continuar creando un sistema favorecedor e facilitador do emprendemento cooperativo e de economía social entre persoas, profesionais e colectivos da área de Compostela.




O Plan de traballo a Unión de Cooperativas ofrece un Itinerario Formativo de 3 cursos para persoas con interese no emprendemento colectivo, integrado polas seguintes actividades de tele-formación gratuítos que se imparten dende a Aula Virtual de EspazoCoop.
Cursos do Itinerario de Formación:
- Emprendendo en cooperativa. Duración de 20 horas. Teleformación. Do 13 ao 27 de setembro de 2023.
- Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas. Duración de 20 horas. Teleformación. Do 3 ao 17 de outubro de 2023.
- Desenvolvendo a idea cooperativa. Duración de 20 horas. Teleformación. Do 18 ao 31 de outubro de 2023.
O itinerario pódese realizar por completo (adquirindo un total de 60 horas en materia cooperativa), ou ben pódese realizar o curso que se desexe, aínda que o ideal e a recomendación sería realizalos todos, na orde proposta na relación de cursos.
O programa comeza o día 13 de setembro e a inscrición aos cursos xa está aberta.