Drons para axudar ao reparto
Desde o inicio das primeiras probas con drons na localidade asturiana de Sotres, Correos seguiu traballando xunto aos principais actores españois e europeos do sector no deseño dunha solución operativa segura e eficiente para o uso de drons no transporte de mercadorías e, máis concretamente, na repartición de pequenos paquetes.

A intención é aplicar esta tecnoloxía para mellorar as capacidades de distribución da compañía postal e como unha ferramenta complementaria a disposición dos carteiros e carteiras que lles facilite realizar as súas tarefas de repartición en zonas rurais de difícil acceso ou que quedan illadas polas inclemencias meteorolóxicas, sen expoñer a súa seguridade. O desenvolvemento destes sistemas de transporte, ademais de mellorar a accesibilidade a todos os territorios e cidadáns, alíñase co compromiso de Correos de evolucionar cara ao uso de tecnoloxías máis limpas para reducir a pegada ambiental da súa actividade.