• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Está a prepararse aos estudantes para un futuro exitoso?

Data de escritura

Administradores e administradoras escolares, mestres e mestras, pais e nais, principais encargados da educación, mostran un desacordo na efectividade das avaliacións para medir as habilidades brandas e o éxito dos estudantes nun futuro. Un estudo de Gallup, cuxo fin é coñecer se se está preparando ben aos alumnos e alumnas, e que habilidades son as que deberían de dominar antes de entrar a universidade, fala do devandito problema. O 83% dos mestres e mestras enquisados, o 82% de pais e nais e o 83% dos directores e directoras, coinciden que é indispensable que os estudantes aprendan temas académicos, así como habilidades como o pensamento crítico, traballo en equipo e creatividade; non todos concordan se estas habilidades son medidas efectivamente, e máis aínda, cales "soft skills" deberían ensinarse e onde.

Mentras, para algúns docentes, a responsabilidade de ensinar as habilidades do século 21 recae na familia, os pais e as nais non están de acordo. Tampouco hai un acordo sobre que ensinar, algúnhas persoas entrevistadas centráronse en alfabetización financeira persoal, capacitación funcional en habilidades laborais e habilidades para falar en público mentres que outras se decantaron polo desenvolvemento do carácter, como inculcar unha forte ética de traballo, ensinar resiliencia aos cambios de vida e aproveitar a capacidade de tomar decisións, entre outros.