Xornada Desperdicio Alimentario
PRODUCTORES, INDUSTRIA, DISTRIBUCIÓN, CANLE HORECA E CONSUMIDORES ANALIZARÁN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA AS CIFRAS DO DESPERDICIO ALIMENTARIO
O evento terá lugar o día 18 de xuño no Hotel NH Collection de Santiago de Compostela.
A xornada abordará a problemática do desperdicio alimentario en todas as fases da cadea da alimentación, desde o campo ou o mar ate os fogares, comedores ou establecementos de restauración.
Participan entidades e empresas como o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Xunta de Galicia, FIAB, Clusaga, Cooperativas Agroalimentarias, Instituto de Investigaciones Marinas - CSIC, Universidade de Vigo, Fundación Espigoladors, Enraíza Derechos, Asedas, Froiz, Gadis, Mercadona, ConsumES, Confapa, bancos de alimentos, e Hostalaría de Galicia.
A actividade conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, da Axencia de Turismo de Galicia e de ASUGA, asociación galega de supermercados.
Non deixes pasar este evento, lembra que a inscrición é gratuíta
Para máis información:
rebeca@abeluria.coop
636792073