• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Aberto o prazo ata o 1 de outubro para a presentación de candidaturas ao Premio á excelencia empresarial

Data de escritura

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) acaba de publicar no día de hoxe as bases da terceira edición dos "Premios de excelencia empresarial Axenda Urbana 2030", convocada polo Concello de Santiago para premiar as boas prácticas empresariais en ámbitos como a conciliación, a innovación ou a economía circular, entre outros. O prazo de presentación de candidaturas estenderase desde mañá, 3 de setembro, ata o 1 de outubro.

Empresas gañadoras da pasada edición dos Premios a excelencia empresarial Axenda Urbana 2030

A convocatoria para este ano III Edición de Premios a excelencia empresarial Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago contan cun orzamento de 60.000 euros, divididos en sete premios de 5.000 euros e unha serie de mencións. O seu obxectivo é premiar as empresas que se distinguisen polas boas prácticas no campo da conciliación laboral e familiar, economía circular, innovación, comercialización en produtos e servizos culturais, retos da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela e, tamén, das boas prácticas de empresas de economía social.

Estas distincións están dirixidas a todas as empresas que teñan a súa sede social fiscal e, cando menos, un centro de actividade no Concello de Santiago de Compostela, baixo calquera forma xurídica admitida en dereito, e sexa cal sexa o seu campo de actividade. Establécense as seguintes categorías:

- Boas prácticas en materia de conciliación.
- Boas prácticas en materia de economía circular.
- Boas prácticas en materia de innovación e ciencia aplicadas ao modelo de negocio.
- Boas prácticas en innovación, en comercialización de produtos e servizos culturais.
- Boas prácticas de empresas de economía social.
- Boas prácticas que identifican estratexias que apostan por atraer, reter ou mellorar o talento.
- Boas prácticas aliñadas cos retos da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela e os ODS da Axenda 2030.

Como novidade, terase en conta como criterio de valoración a aplicación da perspectiva de xénero e da igualdade nas propostas presentadas.

As empresas candidatas ao premio presentarán un formulario de solicitude e unha memoria para cada unha das categorías ás que concorran. O prazo de presentación de solicitudes abranguerá o período dende o día seguinte ao da publicación do extracto das bases no BOP da Coruña e ata o día 1 de outubro de ás 23.59 horas.

Documentos relacionados

Direccións relacionadas

Cómo proceder para acceder á sede electrónica:

- https://sede.santiagodecompostela.gal/sta/CarpetaPublic/doEvent?APP_CODE=STA&PAGE_CODE=PTS_CATSERV&DETALLE=6269000926773629507519

- vamos abaixo de todo e lle damos a buscar subvencións

- vamos a solicitude de subvencións

- ahí buscamos o modelo CS006PE e o cubrimos

- cando entramos co certificado dixital no apartado "datos do trámite/departamento destinatario da solicitude/ cubrimos con PROMOCIÓN ECONÓMICA

IMPORTANTE: 

Se realizarán  (no salón de actos do Edificio Cersia)  dúas sesións informativas para as convocatorias de axudas á empresas de economía social e a III edición de premios á excelencia empresarial.

  • Primeira sesión día 16 de setembro ás 10 horas.
  • Segunda sesión día 16 de setembro ás 17 horas.