VI Feira de Emprendedoras de Compostela: Economía Feminista e Economía do Coidado
Emprendedora
Traballar en rede, comunicarse, compartir coñecementos e experiencias, implica maiores capacidades e poder de decisión. Se as universitarias emprendedoras somos capaces de organizarnos para prosperar e promocionarnos, marcaríamos unha diferenza no complexo mundo do emprendemento universitario.
Que necesitas para emprender?
Necesitas unha idea e ganas de levala a cabo. Seguindo a metodoloxía INNOVATIA 8.3 podemos axudarche a converter a túa idea en empresa
VI Feira de Emprendedoras de Compostela: Economía Feminista e Economía do Coidado
O Concello de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela, colaboran para impulsar unha nova edición da Feira de Emprendedoras de Compostela.
Nesta VI edición amosaremos un modelo de desenvolvemento que pon a economía ao servizo do ser humano e non ao revés.
24 / 25 / 26 SETEMBRO (16:30 – 17:30 h)
Formación ONLINE e GRATUÍTA, sobre Economía Feminista e Economía do Coidado.
- 24 SET: "Achegas da economía feminista: Traballo, usos do tempo e coidados"
Eva María Aguayo Lorenzo
Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) - 25 SET: "A sostibilidade na toma de decisións na empresa e na administración"
María Luz Loureiro García
ECOBAS (Economics and Business Administration for Society) - 26 SET: "Analizando a economía circular dende o prisma da economía feminista. Sustentabilidade e coidados"
Bibiana Martínez Álvarez
Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC)
Inscríbete e reserva a túa praza
27 SETEMBRO (10:00 – 18:00 h)
Feira expositiva, obradoiro e mesas de debate.
ENTRADA LIBRE ao público.
- Lugar: Centro Sociocultural Maruxa e Coralia. Praza de Salvador Parga 4 – Santiago de Compostela.
Sigue a retransmisión en directo por streaming