• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O CERSIA avanza no codeseño do Plan de Acción para a Economía Social nos Barrios de Compostela

Data de escritura

Este martes, o Cersia Empresa acolleu a segunda xornada participativa do proceso de codeseño do Plan de Acción para a Economía Social nos Barrios de Compostela, unha iniciativa impulsada polo Concello de Santiago co obxectivo de construír unha folla de ruta compartida para o fortalecemento da economía social na cidade.

As persoas participantes aportaron as súas ideas de iniciativas
O traballo en grupo realizouse a través de distintas dinámicas
Análizáronse públicos e sectores aos que dirixir o plan de acción



 Ao longo da sesión, representantes do tecido da economía social compostelá debuxaron mapas de experiencias, identificaron obxectivos e comezaron a prototipar propostas que contribúan á mellora da competitividade, da visibilidade e da contorna do sector.

Foi unha xornada para pensar desde o colectivo, dende a experiencia e coa mirada posta no futuro.

A economía social é motor de transformación local e así o recolle a Axenda urbana 2030 de Santiago de Compostela, iniciativa de planificación estratéxica na que se enmarca toda a actividade en materia de promoción económica do CERSIA Empresa.

Moitas grazas ás entidades participantes polo seu compromiso e visión!