• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A túa empresa coñece ao seu cliente?

Data de escritura

En moitas ocasións observamos como departamentos de márketing, repletos de profesionais con moitas e boas titulacións, con grandes currículos e con experiencia nas grandes consultoras fracasan continuamente no lanzamento de produtos, a pregunta é, Tan malos son os produtos, como para non se vendan?, Tan malas son as campañas de lanzamento?

Ningunha das anteriores, o problema é que simplemente non coñecían ben aos seus clientes, enfocáronse na parte teórica e na exclusivamente cuantitativa dos seus clientes, ademais cando facían un focus group, ao guiarse polos criterios anteriores tampouco escollían unha mostra que fóra completamente aleatoria e representativa. En moitos casos o persoal de márketing non estivo nunca en contacto co cliente, non o coñece, non sabe como é, non coñece onde se move, non coñece o seu mercado, os seus hábitos, as canles que frecuenta, e mesmo variables tan fundamentais como as demográficas son obviadas.