Propostas da Camara de Comercio de España para a recuperación económica
Data de escritura
O Pleno da Cámara de España, reunido o mércores 29 de Abril de forma telemática, aprobou un Documento de Propostas para a recuperación e reconstrución social e económica de España co que pretende contribuír ao diálogo que se abrirá nas próximas semanas para superar o impacto no tecido produtivo e a economía da pandemia do COVID-19.
As medidas para a reconstrución propoñen unha serie de reformas estruturais irrenunciables para lograr a España que queremos no próximos dez anos. Esas reformas son:
- Internacionalización
- Innovación e dixitalización
- Formación
- Transición enerxética e loita contra o cambio climático
- Regulación económico-empresarial
- Reforma do sistema de pensións
A Cámara de España traballa, ademais, nunha serie de propostas concretas para sectores relevantes que resultaron particularmente impactados polas consecuencias económicas da pandemia.