O Concello emite unha instrución de aplicación da fase II ao sector de restauración e hostalería
A Xunta de Goberno celebrada este luns deu o visto bo a unha instrución da Alcaldía de aplicación da fase 2 ao sector de restauración e hostalería. A instrución, que pode consultarse no documento adxunto, refírese tanto ás condicións das terrazas como ás obrigas para a apertura interior dos establecementos.
No caso das terrazas, aclárase o procedemento que debe seguir a hostalería para beneficiarse da posibilidade de que o Concello conceda permiso para incrementar a superficie destinada á terraza ao aire libre , incrementando o número de mesas, respectando en todo caso a proporción do 50% entre mesas e superficie dispoñible e levando a cabo un incremento proporcional do espazo peonil no mesmo tramo da vía en que se ubique a terraza. Así, aqueles/as hostaleiros/as que queiran incrementar a superficie de dominio público concedida na súa licenza durante esta situación excepcional deberán presentar declaración responsable, coa copia da licenza de terraza vixente acompañando un plano a escala que represente a ocupación pretendida e os locais e portais de vivendas lindeiras na que manifesten baixo a súa responsabilidade o cumprimento das normas nestas materia, tal como se explica na instrución.
A segunda parte da instrución refírese á posibilidade nesta fase II de abrir ao público o interior dos locais de hostalería e restauración sempre que non superen o 40% do seu aforo. Lémbrase que o consumo só pode realizarse en mesa ou agrupación de mesas entre as que debe haber una distancia de 2 metros, e que a mesa ou a agrupación de mesas debe ser acorde ao número de persoas. Todo isto dende o cumprimento das medidas legais de hixiene e prevención.