Rubén Prol destaca, na mesa inaugural das xornadas de educación de Maker Faire, o papel das novas teconoloxías como canle de trasmisión de accións formativas
O concelleiro de Educación, Rubén Prol, participou hoxe na mesa inaugural das xornadas de educación de Maker Faire. Destacou que esta feira é "un exemplo do afianzamento do papel das novas tecnoloxías como canle de transmisión de accións formativas", unha tendencia que engade, "se incrementou coas restriccións impostas a raíz do confinamento".
Para o concelleiro, "as ponencias programadas constatan e confirman que a revolución tecnolóxica avanza a pasos de xigante. Estamos nun mundo en constante transformación, que nos esixe, en todas as etapas da vida, unha prendizaxe constante.
Ponencias sobre educación inclusiva, aplicacións da tecnoloxía na educación, diferentes realidades da innovación educativa, son, continuou Rubén Prol, "exemplos de como a innovación chegou ao ámbito educativo para amplialo, para revelarnos novas aplicacións tecnolóxicas, novas formas de aprendizaxe coas que debemos familiarizarnos. Ese é o camiño de futuro. E ese é o camiño desde o que traballa o goberno municipal, engadiu.
Na mesa tamén interviron Enrique Saavedra; co-organizador Maker Faire Galicia e Román Rodríguez González; conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.