Publicación da listaxe de beneficiarios das axudas á hostalería da segunda convocatoria do plan de reactivación económica (decembro 2020)
Hoxe, mércores 17 de febreiro, faise pública a listaxe de persoas beneficiarias e solicitudes denegadas relativa á convocatoria de axudas para o rescate do sector hostaleiro afectado pola covid-19, anualidade 2020.
Trala publicación das axudas ao comercio (toda dúbida relativa ás mesmas pode consultarse na web http://coidarparamellorar.santiagodecompostela.gal/), faise pública agora a listaxe das axudas relativas á hostalería, cun orzamento global de 1.379.394,64 euros. A resolución pode consultarse ao final desta noticia.
Hoxe, mércores 17 de febreiro, faise pública a listaxe de persoas beneficiarias e solicitudes denegadas relativa á convocatoria de axudas para o rescate do sector hostaleiro afectado pola covid-19, anualidade 2020.
Trala publicación das axudas ao comercio (toda dúbida relativa ás mesmas pode consultarse na web http://coidarparamellorar.santiagodecompostela.gal/), faise pública agora a listaxe das axudas relativas á hostalería, cun orzamento global de 1.379.394,64 euros. A resolución pode consultarse ao final desta noticia.
Con data de 17 de febreiro publícase na web do Concello e na páxina do Cersia Empresa, segundo o establecido no art. 11 das bases da convocatoria o listado das axudas da "CONVOCATORIA DE AXUDAS AXUDAS PARA O RESCATE DA RESTAURACIÓN E HOSPEDAXE DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA AFECTADO POLA COVID-19. ANUALIDADE 2020".
O prazo de presentación da documentación de xustificación da "CONVOCATORIA DE AXUDAS AXUDAS PARA O RESCATE DA RESTAURACIÓN E HOSPEDAXE DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA AFECTADO POLA COVID-19. ANUALIDADE 2020" a través da sede electrónica iníciase pois o día 18 de febreiro de 2021 e remata o vindeiro día 03 de marzo de 2021, ambos días incluídos.
Por outra banda, facémoslles saber que segundo o punto terceiro do acordo os benefiarios da letra "N" non terán que presentar dita xustificación, posto que xa foi presentada no plazo establecido en decembro de 2020 (“…Terceiro. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes o día 15 de decembro de 2020, presentáronse un total de 561 solicitudes. Posteriormente celébrase sorteo o día 18 de decembro de 2020 para o muestreo de comprobación de documentación, segundo o cal se realiza aos expedientes dos solicitantes que comezan pola letra N. Comprobada a documentación, iníciase o período de subsanación….”)
Pode consultar no enlace deste aviso a listaxe de persoas beneficiarias e solicitudes denegadas aprobado no acordo da Xunta de Goberno Local de 30 de decembro.
Lembramos a todas as empresas propostas como beneficiarias que deberán presentar xustificación segundo o establecido nas bases da convocatoria no seu punto 11:
11º Cotexo documental da declaración responsable
- Para os efectos da comprobación dos datos manifestados polas persoas beneficiarias na súa declaración responsable, publicarase na web www.cersiaempresa.gal a listaxe das persoas beneficiarias, que deberán achegar, xunto co modelo de anexo III, no prazo de dez días hábiles a documentación que segue para os efectos das comprobacións que correspondan:
- Alta no réxime de autónomos das persoas promotoras. As persoas xurídicas nas que os socios e/ou administradores non estean obrigados a estar dados de alta en ningún réxime da seguridade social deberán achegar declaración responsable específica desta circunstancia.
- Escritura de constitución da sociedade mercantil, se é o caso. · Certificado da situación censual emitido pola Axencia Tributaria do Estado.
- NIF da persoa física ou xurídica. Se se trata dunha persoa xurídica achegarase tamén o documento de identidade da persoa que posúe a representación da sociedade e o documento que acredite esta representación.
- Certificado bancario de titularidade de conta
- Modelos 303 de declaracións trimestrais de IVE correspondentes aos tres primeiros trimestres das anualidades 2019 e 2020.
- Facturas que acrediten a realización dos gastos ou documento probatorio que corresponda no caso de gasto corrente distinto de prestación de servizos por un terceiro. Non se admitirán facturas simplificadas, proforma ou orzamentos.
- A comprobación de non ter débedas co Concello de Santiago realizarase de oficio pola unidade tramitadora do procedemento.
- Dacordo co artigo 13.2 da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións non poderán obter a condición de beneficiario aquelas persoas que non se atopen ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade social impostas polas disposicións vixentes.
Se algunha documentación da indicada no parágrafo anterior xa obrara en poder desta administración local, a persoa interesada poderá presentar declaración responsable de dita circunstancia indicando número de expediente e manifestación de que dita documentación non sufriu ningunha modificación
Pregamos coa finalidade de non colapsar a liña telefónica do CERSIA Empresa e garantir una axeitada atención que para calquera dúbida que puidera existir sobre este particular nos fagades chegar as vosas consultas por correo electrónico ao cersia@santiagodecompostela.gal indicando no asunto o voso número de expediente; podedes indicar nese mesmo correo un número de teléfono se preferides que vos chamemos para darvos resposta. Dadas as limitacións impostas por motivos de seguridade sanitaria, non podemos atender de xeito presencial no Servizo de Apoio a Empresa, agradecemos a vosa comprensión.
Nos vindeiros días faranse públicas tamén as axudas desta segunda convocatoraria correspondentes ao sector da cultura.
Terceira convocatoria
A terceira convocatoria de axudas está xa en marcha. As bases están a ser consensuadas coas diferentes asociación co obxectivo de poder sacalas na segunda quincena de marzo.
Listaxe beneficiarios axudas sector hostaleiro covid 19
Resolución da Alcaldía persoas beneficiarias comercio local covid 19
Anexo III - Modelo de cotexo documental de declaración responsable.pdf