• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O CERSIA acolle este martes a conferencia final do proxecto europeo Tropaverde - Rewarding Recycling

Data de escritura

O CERSIA acolle este martes a conferencia final do proxecto europeo Tropaverde - Rewarding Recycling

O Concello de Santiago de Compostela organiza este evento para dar peche ao proxecto europeo Tropaverde Rewarding Recycling, a través dunha xornada de debate e análise sobre residuos e medio ambiente. Para participar é preciso inscribirse.

O Concello de Santiago de Compostela está a organizar unha xornada para pechar o Proxecto Europeo "Tropaverde Rewarding Reciclyng" con esta conferencia final, que terá lugar o vindeiro martes, 11 de maio no salón de actos do Edificio CERSIA, de 10-14.30h.

Hai prazas limitadas para asistir e será preciso inscribirse previamente aquí. Para quen non poida asisitir, tamén se retransmitirá de xeito libre a través da canle de Youtube do Concello de Santiago de Compostela.

Intervirán ponentes de varias entidades e institucións: por parte da Xunta de Galicia, acudirá Xesús Castro López, xefe do Servizo de Residuos da Dirección Xeral de Calidade Ambiental da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para falar sobre estratexia de Economía Circular de Galicia; por parte de Sogama, intervén o seu presidente, Javier Dominguez Lino, para presentar a empresa e a estratexia de tratamento da fracción orgánica. Programa de compostaxe doméstica e urbana; polo concello de Carballo acode Luís Lamas Álvarez, concelleiro delegado de Obras e Servizos, que se centrará nas "experiencias municipais pioneiras en Galicia na implantación do colector marrón. Programa Ti tés a chave". -

Por parte do Concello de Santiago, a técnica de Medio Ambiente Berta Guldrís falará sobre a implantación en Compostela do quinto colector marrón para a fracción orgánica; achegará a experiencia de Ecoembres sobre a recollida selectiva en Galicia Bruno de Llano Gómez-Ulla, especialista na xestión Local e autonómica. As empresas Teimas Desenvolvemento, Cholita e a USC tamén participan coa seguintes intervencións:

· USC. GRUPO ICEDE DE ECONOMÍA APLICADA. FACULTADE DE CC. ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS. - Da economía da reciclaxe á economía circular: prolongación da vida dos produtos e redución do consumo - Intervén Xavier Vence, catedrático de Economía Aplicada da USC. Coordinador do ICEDE e coordinador máster DEIN.

· CHOLITA. O NOVO MUNDO DS REDES DE PESCA. ECONOMÍA CIRCULAR E DESEÑO - Intervén Gema Neira Surribas, xerente da empresa de economía circular Cholita.

· TEIMAS DESENVOLVEMENTO - Presentación da iniciativa Tropa Verde e das novas ferramentas tecnolóxicas no eido da xestión dos residuos. - Intervén Juan Daniel Cid Fernández, representante da empresa tecnolóxica TEIMAS Desenvolvemento SL.

Documentos relacionados