• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

V Xornada Emprende en Compostela

Baixo o título a "Competitividade e innovación para o emprendemento e o crecemento empresarial", a Concellaría de Promoción Económica organiza unha nova xornada para persoas emprendedoras e empresas.

O programa desta quinta edición foi deseñado tendo en conta o actual contexto económico, intentando adaptalo, o máis posible, ás demandas de información e ás necesidades actuais das persoas emprendedoras (utilizacion de novas tecnoloxías, innovacion, estratexias  para gañar competitividade, etc.) detectadas pola Concellaría de Promoción Económica a través do Servizo de Apoio á Empresa.

Igual que en edicións anteriores, o programa de actividades está concebido dun xeito práctico e didáctico, para que os asistentes poidan intervir e intercambiar experiencias e coñecementos. As persoas inscritas na xornada poderán participar en distintos obradoiros para o emprendemento;  coñecer as estratexias para emprender e mellorar a competitividade empresarial; saber cales son os retos que debe afrontar un/unha emprendedor/a tecnolóxico; coñecer, a través dun panel de experiencias, como construír e financiar proxectos empresariais; e coñecer as axudas á creación e consolidación de empresas do programa Compostela Activa 2010 e a experiencia de Abastos 2.0, Premio Xuventude do Concurso de novas ideas empresariais Compostela Activa 2009. Igual que en edicións anteriores terá lugar unha comida-encontro entre emprendedores/as recentes e técnicos/as, enmarcada na Rede de Cooperación Local, un programa que ten como obxectivo favorecer a competitividade e a innovación do tecido industrial e empresarial de Compostela a través da colaboración entre administracións, o mundo empresarial e a USC.

Data inicio
Data fin