Xornada interdisciplinar de Atención Temperá
A apertura das xornadas tivo lugar ás nove e media da mañá, a cargo de Xabier Ferreiro, responsable da Área de Emprego da Concellaría de Promoción Económica, e do presidente da Asociación Galega de Atención Temperá (Agat), Jaime Ponte Mittelbrunn. A continuación, tivo lugar a ponencia A normalidade e a diversidade dentro da escola infantil. Marco conceptual, impartida por Sonsoles Perpiñán, Licenciada en Psicoloxía e Especialista en Psicoloxía pedagóxica e Atención temperá. Despois dun descanso, desenvolverase o obradoiro Signos de alerta por etapas. Busca de solucións. Pasos a seguir e a continuación o Programa de seguimento do desenvolvemento nas escolas infantís. Proxecto Persoa. Pola tarde, o psicólogo Juan Carlos Belda Oriola, membro da Xunta directiva da Federación de Asociacións de Atención Temperá de España, impartiu ponencia Proceso do vínculo. Teoría do vínculo afectivo. Antes da clausura, prevista para as sete e media da tarde, desenvolveuse o obradoiro Escala de maternaxe: un instrumento para a evolución do vínculo.