• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Conferencia: Un equipo de ouro

Será impartida polo medallista olímpico Juan Manuel López Iturriaga, no marco da Rede de Cooperación Local. Está organizada pola Concellaría de Promoción Económica, AJE Marineda, Adalid Inmark e Simplemente Avanza.

Na conferencia, Iturriaga, que apadriña a presentación en Galicia de Adalid Inmark, explicará por que a selección española se converteu nun equipo exemplar, que incluso superou unha etapa de crise para acadar novos triunfos. As ensinanzas deste colectivo de élite son trasladables a outros ámbitos, como pode ser calquera equipo empresarial que se reúna co obxectivo de competir con éxito no mercado.

A conferencia celebrarase o martes, 11 de maio, ás sete e media da tarde, na Sala Mozart do Auditorio de Galicia (Avenida do Burgo das Nacións s/n, Santiago de Compostela), no marco da presentación, na nosa comunidade, de Adalid Inmark. Esta empresa do Grupo Inmark está especializada na  consultoría e formación para as pemes e microempresas, con especial énfase na formación para o emprego. En Galicia está representada por Simplemente Avanza, localizada  en Santiago de Compostela. As persoas interesadas en asistir á conferencia "Un equipo de Ouro" poden inscribirse no formulario habilitado ao efecto.

Data inicio
Data fin