• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Seminario Espazo xoves empresarios: business days Brasil 2010

Celebraránse o 21 de setembro, de 10.00 h. a 13.00 h. en ITE Caixa Galicia, en A Coruña; o 23 de setembro de 17.00 h. a 20.00 h. na Confederación de Empresarios de Lugo, en Lugo (prazo de inscrición ata o día 21); e o 24 de setembro, de 10.00 h. a 13.00 h. na sede de AJE Pontevedra, en Pontevedra (prazo de inscrición ata o día 22).

Obxectivos:

· Impulsar unha nova xeración de empresas galegas de carácter internacional.

· Fomentar a internacionalización das PEMES galegas, preferentemente as dirixidas por xoves empresarios.

· Planificación de misión comeciais: tipos, obxectivos e analise das fases de participación nunha misión comercial.

· Aumentar as oportunidades das empresas industriais, de servizos, exportadoras, importadoras yo que teñan un proxecto de desenrolo internacional na intercambio comercial co Brasil.

· Acercar a realidade de Brasil aos participantes, focalizando o interese nas oportunidades e dificultade a encontrar.

Destinatarios:

· Empresas exportadoras e importadoras ou aquelas que se plantexen comezar a actividade internacional para facilitar o seu proceso de expansión, comercial ou productiva, no exterior.

· Todas quelas empresas que queiran sacar o máximo proveito da súa participación nunha misión comercial, incrementando o volumen de ventas, o potencial de ventas descuberto e os acordos de representación discutidos ou concluidos.

· Empresas interesadas na operativa de comercio exterior que desexan ampliar coñecementos.

O seminario está organizado pola Fegaxe (a Federación Galega de Xoves Empresarios) e financiado polo IGAPE. Conta coa colaboración de AJE A Coruña, AJE Pontevedra, AJE Lugo, e será impartido pola empresa Proxectos.

Data inicio
Data fin