• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

16 de novembro. II Xornadas galegas sobre empresas de inserción laboral

O prazo para inscribirse no encontro, organizado pola  Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA), finaliza o 15 de novembro.

Nas II Xornadas galegas sobre empresas de inserción laboral está previsto tratar aspectos clave para este tipo de empresas como son a figura dos itinerarios de inserción e a necesidade da concertación público-privado, poñendo especial interese na fórmula de reserva de mercado e na inclusión de cláusulas sociais na contratación pública.

O encontro está destinado a profesionais das diferentes administracións públicas e de entidades de iniciativa social das áreas de emprego, inclusión social e servizos sociais. As persoas interesadas poden inscribirse envíando os datos do formulario adxunto (na parte esquerda) ao Tel./fax: 881 947 452 ou ao correo electrónico aeiga@faedei.org. O prazo de inscrición finaliza o 15 de novembro.

A xornada desenvolverase o martes, día 16 de novembro, de nove e media a dúas da tarde, na EGAP, a Escola Galega de Administración Pública (polígono de Fontiñas, rúa de Madrid, número 2-4), Santiago de Compostela.

Mais información

Telf: 881 957 452 // Avenida de Lugo, 219 baixo, 15703 Santiago de Compostela

Data inicio
Data fin