• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

19 de novembro: Asamblea Xeral de "Saborea España"

O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, asitirá o xoves, 19 en Lanzarote á Asamblea Xeral de "Saborea España", unha entidade para a promoción internacional da gastronomía española composta pola propia Asociación de Destinos Gastronómicos, a Federación Española de Hostelería, Euro-Toques (Organización Europea de Cociñeiros) e Facyre (Asociación de Cociñeiros e Reposteiros de España).

Na Asamblea Xeral de Saborea España tratarase o regulamento para o uso da marca, continuarase traballando no desenvolvemento do concepto que se quere transmitir e promocionar, analizando os requisitos que deben cumprir tanto os destinos como as empresas asociados, e traballarase no Plan de Acción a desenvolver no 2011. Ademáis, o xoves, Saborea España fará unha presentación ao Goberno de Canarias.

Data inicio
Data fin